Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (350/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 350/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge del Río Caamaño contra Ecored Comercio, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: PO. Reclamación de cantidade 350/2016

Demandante: Jorge del Río Caamaño

Letrado: Sr. Páramo Sureda

Demandada: Ecored Comercio, S.L. e Fogasa

Sentenza 96/2018.

A Coruña, 22 de febreiro de 2018

Decido:

– Estimo a demanda formulada por Jorge del Río Caamaño fronte a Ecored Comercio, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta a aboar ao primeiro a suma de 980,66 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos e indemnización de despedimento improcedente, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ecored Comercio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza