Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16358

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña

EDICTO (160/2013).

Eu, Lourdes Villegas Castrillo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, fago saber que neste xulgado e co número 160/2013 se seguen autos de xuízo verbal, entre as partes que logo se dirán, nos cales se ditou a sentenza cuxo encabezamento é do teor literal seguinte:

Sentenza.

A Coruña, 4 de marzo de 2016.

Vistos por Eduardo Fernández-Cid Tremoya, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, os autos de xuízo verbal número 160/2013 seguidos por instancia de José Antonio Queijeiro Lista, Mónica Queijeiro Lista e Sandra María Queijeiro Ares, representados pola procuradora dos tribunais Susana Prego Vieito e baixo a dirección letrada de María Belén Amboade Vázquez, contra María Alba Regueira Queijeiro, María Áurea Queijeiro Lista, Jorge Regueira Queijeiro e José Queijeiro Ares, representados pola procuradora dos tribunais María del Mar Rodríguez González e baixo a dirección letrada de María Jesús de Benito Paz.

Para que conste e lle sirva de notificación de sentenza ao demandado José Antonio Queijeiro Ares, quedando esta á súa disposición neste xulgado, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza