Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de alimentación, cafetaría e restauración do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (expediente AB-EIC1-18-006).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: Paseo do Xeneral Sir John Moore, 2-2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfonos. Información de índole técnica: 981 17 80 92. Información de carácter administrativo: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, en horario de apertura do Rexistro Xeral (das 9.00 ás 14.00 horas).

d) Número do expediente: AB-EIC1-18-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de alimentación, cafetaría e restauración do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses desde a data indicada no contrato.

f) Admisión de prórroga: si. Por un prazo máximo de 24 meses.

g) CPV: 55322000-3, 55330000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto. Suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.5.1).

4. Valor estimado do contrato:

a) Valor estimado do contrato sen IVE: 2.064.533,09 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 1.058.734,91 €.

b) Orzamento con IVE: 1.164.608,40 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: mínimo grupo: M, subgrupo: 6 e categoría: 3.

b) Solvencia:

1º. Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 23 de abril de 2018.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: As Xubias, 84. Hospital Universitario A Coruña, edificio anexo ao Hotel de Pacientes, planta semisoto.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15006.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o establecido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: salas de reunións do Hospital Abente y Lago. Paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B relativo a criterios non avaliables de forma automática e do sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de febreiro de 2018.

A Coruña, 28 de febreiro de 2018

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña