1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
2º. Domicilio: Paseo do Xeneral Sir John Moore, 2, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.
4º. Teléfonos. Información de índole técnica: 981 17 80 92. Información de carácter administrativo: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.
5º. Telefax: 981 17 80 32.
6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, en horario de apertura do Rexistro Xeral (das 9.00 ás 14.00 horas).
d) Número do expediente: AB-EIC1-18-001.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza do Hospital Marítimo de Oza, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.
d) Lugar de execución: Hospital Marítimo de Oza (Xerencia de Xestión Integrada da Coruña).
e) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a data indicada no contrato.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV: 90911200-8.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto. Suxeito a regulación harmonizada.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.5.1).
4. Valor estimado do contrato:
a) Valor estimado do contrato sen IVE: 3.866.400,00 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Orzamento sen IVE: 1.432.000,00 €.
b) Orzamento con IVE: 1.732.720,00 €.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non.
b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría 4.
b) Solvencia:
1º. Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.
2º. Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 23 de abril de 2018.
b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.
c) Lugar de presentación: A Coruña.
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
2º. Domicilio: As Xubias, 84. Hospital Universitario A Coruña, edificio anexo ao Hotel de Pacientes, planta semisoto.
3º. Localidade e código postal: A Coruña 15006.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o contemplado o artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
9. Apertura de ofertas:
a) Lugar: Hospital Abente y Lago.
b) Enderezo: salas de reunións do Hospital Abente y Lago. Paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2.
c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.
d) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B relativo a criterios non avaliables de forma automática e do sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27 de febreiro de 2018.
A Coruña, 27 de febreiro de 2018
Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña