Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento de diálogo competitivo e modalidade de contratación pública de innovación, dunha plataforma de homologación de apps e contidos para a autoxestión da enfermidade e empoderamento de pacientes. Contrato financiado nun 80 % polo programa operativo plurirrexional Feder Pocint a través do convenio de colaboración co Ministerio de Economía, Industria e Competitividade do Goberno de España Código 100 (expediente DC-SER1-18-012).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 38.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 5 de abril de 2018.

d) Número de expediente: DC-SER1-18-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha plataforma de homologación de apps e contidos para autoxestión da enfermidade e empoderamento de pacientes.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 20 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: diálogo competitivo.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: os criterios de adxudicación detállanse na cláusula 10.2 do documento descritivo.

4. Valor estimado do contrato: 495.867,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 330.578,00 euros. Importe total: 399.999,38 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: véxase a cláusula 8.2.1 do documento descritivo.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do 5 de abril de 2018.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 7.1 do documento descritivo, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela

10. Gastos de publicidade: si, serán por conta do/s adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de marzo de 2018.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos