Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16352

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013, en execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015.

O tribunal nomeado pola Orde do 13 de febreiro de 2014 (DOG núm. 37, do 24 de febreiro), modificada pola Orde do 19 de marzo de 2014 (DOG núm. 116, do 20 de xuño) e pola Orde do 15 de xuño de 2017 (DOG núm. 61, do 28 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), en sesión do 22 de febreiro de 2018, e en execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015, acordou:

Primeiro. Declarar exentas da realización do terceiro exercicio do proceso selectivo a todas as persoas que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo que se cita en virtude da Resolución deste tribunal do 4 de decembro de 2017 (DOG núm. 235, do 13 de decembro), por ter acreditado en prazo estar en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Segundo. De acordo co disposto na base III.13. da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2018

Guillermo Acebal Lucía
Presidente do tribunal