Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16300

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO do extracto da convocatoria para a provisión, polo procedemento de libre designación, do posto de xefe/a de bombeiros.

No BOP núm. 13, do 18 de xaneiro de 2018, aparecen publicadas as bases reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a de bombeiros.

Quen desexe tomar parte na dita convocatoria deberá presentar a súa solicitude no prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE, no lugar e forma establecidos nas referidas bases.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 27 de febreiro de 2018

Jorge Juan Suárez Fernández
Alcalde