1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Universidade de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.
2º. Enderezo: edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.
3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.
4º. Teléfono. 986 81 35 51.
5º. Telefax. 986 81 38 57.
6º. Correo electrónico. alabel@uvigo.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp
8º. Data límite de obtención de documentación e información: 9 de abril de 2018.
d) Número de expediente: P6/18.
2. Obxeto do contrato:
a) Tipo: privado.
b) Descrición: póliza de seguro de vida para o persoal funcionario e laboral da Universidade de Vigo.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.
d) Lugar de execución/entrega:
1º. Enderezo: Reitoría-Xerencia.
2º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.
e) Prazo de entrega: non procede.
f) Admisión de prórroga: non procede.
g) CPV: 66511000-5 (servizos de seguros de vida).
CPA: 65.11.10 (servizo de seguro de vida).
Código NUTS: ES114: Pontevedra, ES113: Ourense.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación:
1º. Oferta económica: 50 puntos.
2º. Participación en beneficios: 15 puntos.
3º. Melloras: 10 puntos.
4º. Presentación con corredor/mediador: 10 puntos.
5º. Calidade do programa de xestión e tramitación de sinistros: 10 puntos.
6º. Reducción supostos exclusión: 5 puntos.
4. Valor estimado do contrato: 293.955,38 €.
5. Orzamento base de licitación: 141.919,92 € (todos os impostos incluídos).
6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 7.000 €.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego base.
b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 16 de abril de 2018.
b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia. Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.
2º. Enderezo: edificio de Xerencia e Servizos Centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.
3. Localidade e código postal: Vigo, 36310.
4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.
b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.
c) Localidade e código postal. Vigo, 36310.
d) Data e hora: publicarase no perfil de contratante da Universidade de Vigo.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 3.000 euros.
Vigo, 5 de marzo de 2018
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo