No BOP núm. 20, do 29 de xaneiro de 2018, aparecen publicadas as bases reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a do corpo da policía local.
Quen desexe tomar parte na dita convocatoria deberá presentar a súa solicitude no prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE, no lugar e na forma establecidos nas referidas bases.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Ferrol, 27 de febreiro de 2018
Jorge Juan Suárez Fernández
Alcalde