Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración de equipamento integral de lavandaría con destino á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada (expediente AB-SER3-18-031).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

iv) Teléfono: 881 54 18 38.

v) Telefax: 881 54 27 62.

vi) Correo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

viii) Data límite de obtención de documentación e información: antes do día 11 de abril de 2018.

d) Número do expediente: AB-SER3-18-031.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración do equipamento integral de lavandaría con destino á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, composto dun lote único coas seguintes áreas funcionais: área de lavado, área de secado, pasado de ferro e dobrado, área de costura e outras zonas.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega da subministración:

i) Enderezo: Hospital Naval de Ferrol. Lugar da Pega, s/n.

ii) Localidade e código postal: Ferrol 15405.

e) Prazo de execución: será en dúas fases e en ningún caso poderá ser superior a tres (3) meses e trinta (30) días. Véxase a cláusula 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 42716000-8, 42717000-5 e 42715000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e harmonizado.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: tecnoloxía, automatización e ergonomía ata 25 puntos; solución funcional da implantación do equipamento ata 20 puntos; execución ata 4 puntos; plan de formación ata 1 punto; proposta económica ata 44 puntos e ampliación do prazo de garantía ata 6 puntos. Véxase a cláusula 11 da folla de especificacións do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 2.314.049,59 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.314.049,59 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 2.800.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, e ademais adscrición de medios: ver as cláusulas 16.1 y 17 da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata o día 11 de abril de 2018.

b) Modalidade de presentación: en sobres pechados, como se indica na cláusula 5 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (o horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non se admite.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura de ofertas.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos sobres B e C en actos públicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: véxase no perfil do contratante da páxina http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal

10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario. Véxase a cláusula 26 da folla de especificacións do PCAP.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos