Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación, mediante acordo marco, da subministración sucesiva de sistemas de próteses total de xeonllo con destino aos centros hospitalarios (expediente MA-SER1-18-017).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 18.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 16 de abril de 2018.

d) Número de expediente: MA-SER1-18-017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de sistemas de próteses total de xeonllo con destino aos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/4.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 33184100-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de selección:

Concepto

Puntuación

Criterios e subcriterios non valorables de forma automática (sobre B)

Calidade do implante

0 - 40

• Deseño

0 - 10

• Características técnicas

0 - 10

• Versatilidade

0 - 10

• Sistemas de axuda para a implantación

0 - 10

Evidencia clínica e científica

0 - 10

• Presenza en rexistros

0 - 5

• Estudos e publicacións

0 - 5

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0 - 45

Loxística

0 - 5

Criterios de adxudicación dos contratos derivados (2ª fase).

Criterios de adxudicación segunda fase

0 - 100 puntos

Instrumental asociado á implantación de próteses de xeonllo: desagrégase nos seguintes subcriterios:

• Dotación e versatilidade do instrumental específico para o implante, a súa facilidade de manexo e sinxeleza, a súa funcionalidade.

• Colocación en contedores/caixas que faciliten a súa orde, limpeza e transporte.

• Adaptación ás necesidades dos quirófanos e de esterilización.

0 - 48 puntos

Motores cirúrxicos e accesorios e consumibles asociados á implantación de próteses de xeonllo: desagrégase nos seguintes subcriterios:

• Dotación de motores para a implantación das próteses, as súas especificacións técnicas, adaptabilidade, potencia e facilidade de manexo.

• Accesorios ofertados para os motores tales como serras, guías, brocas e outros consumibles necesarios para o seu funcionamento.

• Dotación doutros consumibles asociados á implantación de próteses de xeonllo.

0 - 24 puntos

Servizos de valor engadido asociados á implantación de próteses de xeonllo: desagrégase nos seguintes subcriterios:

• Dispoñibilidade de servizos, programas e prestacións complementarias enfocados a mellorar a eficiencia dos procesos asistenciais así como a posta á disposición de equipos humanos de apoio.

• Achega, deseño e implementación de tecnoloxías específicas para a xestión de depósitos e a súa alterabilidade nos hospitais.

0 - 8 puntos

Prezo

0 - 20 puntos

4. Valor estimado dos contratos: 32.076.000 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación do lote, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras g) e h) da cláusula 6.6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 16.4.2018.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos