1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
i) Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.
ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
iv) Teléfono: 881 54 18 38.
v) Telefax: 881 54 27 62.
vi) Correo electrónico: servizo.xestion@sergas.es.
vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.
viii) Data límite de obtención de documentación e información: antes do día 11 de abril de 2018.
d) Número de expediente: AB-SER3-18-002.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición do obxecto: dotación e equipamento completo de cociña, con adecuación de espazos, con destino ao novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, así como o sistema necesario de distribución de alimentos aos pacientes, bandexas e vaixela incluídas, para levar a cabo a prestación do servizo de restauración aos pacientes. Inclúe tamén a adaptación e/ou remodelación dos locais. Intégranse coa prestación principal as actuacións necesarias para a subministración, instalación e equipamento dos sistemas de distribución de alimentos a pacientes das cociñas satélite nos centros dependentes.
c) División por lotes e número: non procede.
d) Lugar de entrega:
i) Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
ii) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
e) Prazo de execución: tres meses.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 39314000-6 e 45212500-1.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: anteproxecto de adecuación de locais e instalacións ata 25 puntos, organización do servizo e da súa rastrexabilidade ata 10 puntos, oferta económica ata 55 puntos, duración da garantía ata 5 puntos e tempo resolución avisos ordinaria ata 5 puntos. Véxase o número 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).
4. Valor estimado do contrato: 3.099.173,55 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 3.099.173,55 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 3.750.000,00 €.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non se exixe.
Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, e ademais adscrición de medios: véxanse os números 6.6.2.2.d) e e) do PCAP.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: ata o día 11 de abril de 2018.
b) Modalidade de presentación: en sobres pechados. Véxase a cláusula 5 do PCAP.
c) Lugar de presentación:
i) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non se admite.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura de ofertas.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura dos sobres B e C en actos públicos.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.
10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario. Ver o número 3.4 do PCAP.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de marzo de 2018.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018
María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos