1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
4º. Teléfono: 881 54 18 27.
5º. Telefax: 881 54 27 62.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.
7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 13.4.2018.
d) Número de expediente: AB-SER1-18-007.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de soporte, mantemento e subministración da licenza corporativa de Websphere Application Server.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: tres anos desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72267000-4.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
Criterios valorables de forma automática (sobre B) |
|
Oferta económica |
0-100 |
4. Valor estimado do contrato: 667.968 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 667.968 euros. Importe total: 808.241,28 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.5.2. d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 13 de abril de 2018.
Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 15 días contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización da presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de marzo de 2018.
12. Outras informacións:
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018
Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos