Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16089

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación da subministración de vestiario para o persoal deste concello.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Servizos Xerais. Nº de expediente: 4.799-440.

2. Obxecto do contrato: a adquisición do vestiario e equipamento de protección, relacionado nos anexos do PPT, destinado ao seu uso polo persoal municipal no desempeño das súas funcións.

División por lotes e número de lotes: si. 4 lotes.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 2 anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 788.429,75 euros. IVE que soportará a Administración: 165.570,25 euros. Orzamento total: 954.000,00 euros. Dotación por lotes: lote 1: 93.809,00 €. Lote 2: 255.066,00 €. Lote 3: 103.550,00 €. Lote 4: 501.575,00 €.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato, ou, no caso de que o contrato se licite por lotes, ao lote ou lotes aos que presenten proposta. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior ao prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 6 de abril de 2018.

Documentación: a exixida na cláusula 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, núm. 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 23 de febreiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación