Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16091

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

De conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, en relación co artigo 134.2 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 10 de abril, faise público, por proposta dos tribunais cualificadores das correspondentes probas selectivas da oferta de emprego público dos anos 2010/2011, o nomeamento de funcionarios de carreira, para as seguintes prazas, a favor das persoas que a seguir se relacionan:

– Persoal funcionario:

• Escala, executiva de Administración especial. Subescala, servizos especiais. Clase, policía local; categoría, inspector principal.

Francisco Javier Álvarez Ferreira, con DNI nº *****666Q e Santiago Arenas Villarroel, con DNI nº *****201V, pola quenda de promoción interna.

Vigo, 6 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (decretos e acordos do 19.6.2015 e 30.12.2016)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal