Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO de requirimento de corta de arboredo e limpeza de montes.

A Xunta de Goberno do 18 de xaneiro de 2018 acordou requirirlles aos herdeiros de Manuel Mejuto Vaamonde, propietarios da parcela con referencia catastral nº 15012A018000110000EZ, que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no BOE, procedan coa limpeza da maleza ata gardar unha distancia de 50 metros ao solo de núcleo rural, coa corta de piñeiros, eucaliptos, acacias... ata gardar unha distancia de 50 metros, e coa corta de carballos, castiñeiros e demais frondosas ata gardar a distancia de 15 metros ao solo de núcleo rural.

Boqueixón, 26 de febreiro de 2018

Manuel Fernández Munín
Alcalde