Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación para a contratación dun servizo de xestión e dixitalización da documentación clínica en distintos centros dependentes da citada xerencia (expediente AB-EIL1-18-001).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfonos: 982 296 047/057/229.

5º. Telefax: 982 296 592.

6º. Correo electrónico: contratacionadm.eoxi.lugo@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-18-001.

2. Obxecto del contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de xestión e dixitalización da documentación clínica nos distintos centros da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

1º. Domicilio: véxanse os pregos.

2º. Localidade e código postal: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si; véxanse os pregos.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 72590000-7 e 79560000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: organización do servizo (35 %), medios achegados (15 %), oferta económica (50 %).

4. Valor estimado do contrato: 3.369.600,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.404.000,00 €.

b) Importe total: 1.698.840,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional. Económica: cifra de negocios dun exercicio igual ou superior ao orzamento de licitación. Técnica: dos servizos similares que igualen ou superen o 50 % do orzamento de licitación.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 12 de abril de 2018.

Se o último día do prazo de presentación de proposicións coincide en sábado, domingo ou festivo na localidade establecida no número 1.c.3) desta resolución, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do HULA.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1-2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxanse os pregos.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura pública dos sobres B e C.

b) Enderezo: HULA. Rúa Doutor Ulises Romero, 1-3º andar.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de marzo de 2018.

12. Outras informacións: véxanse os pregos.

Lugo, 2 de marzo de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos