Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de balóns de dilatación coronaria e periférica (expediente MS-EIV1-18-007).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de balóns de dilatación coronaria e periférica.

c) División por lotes: si, trece (13) lotes.

d) Lugar de entrega: véxase o número 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: un (1) ano.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 33111730-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificadas no número 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 1.493.820,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 622.425,00 €. IVE: 130.709,25 €. Importe total: 753.134,25 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento base da licitación do lote adxudicado, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse os números 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 11 de abril de 2018.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura pública dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas Hospital Nicolás Peña. Avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase o número 26 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 2.3.2018.

Vigo, 2 de marzo de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo