Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo consistente na redacción do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación do edificio da extinta Cámara da Propiedade Urbana de Ourense.

1. Poder adxudicador:

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA23/2017.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=222803

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: consiste na redacción do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación do edificio da extinta Cámara da Propiedade Urbana de Ourense co fin de adaptalo para uso administrativo.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 220, do 20 de novembro de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

a) Prezo: corenta mil euros (40.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE: oito mil catrocentos euros (8.400,00 €).

5. Formalización:

a) Data de adxudicación: 25 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 26 de xaneiro de 2018.

c) Entidade adxudicataria: UTE Alba Riguera Otero-Carlos Romero Amenedo.

d) Importe de adxudicación: 37.510,00 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda