Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo, do servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar), curso 2018/19; trinta e tres lotes (expediente 2/2018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (Xogos galegos deportivos en idade escolar). Curso 2018/19.

c) Prazo de execución: o de duración do programa Xogade organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte (prazo previsto de nove meses, desde o 15 de setembro de 2018 ata o 15 de xuño de 2019).

d) Admisión de prórrogas: non.

e) CPV: 60140000-1: servizos de transporte non regular de pasaxeiros.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado: 443.095,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 443.095,00 €, IVE (10 %): 44.309,50 €. Importe total: 487.404,50 € conforme a seguinte distribución por anualidades:

2018: 61.362,76 euros, IVE incluído.

2019: 426.041,74 euros, IVE incluído.

A distribución por lotes especifícase no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares (prego de cláusulas administrativas particulares).

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar a epígrafe H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados nas epígrafes J e K do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte. Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 52 e 881 99 63 49. Fax: 881 99 63 56.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na internet:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=285002

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 11 de abril de 2018.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo PCAP.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no PCAP.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na Plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 2 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte