Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha do equipamento escénico para o centro cultural-auditorio de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=284988

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 3/2018 U.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha do equipamento escénico para o centro cultural auditorio de Lugo.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución/entrega: cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 8.3 do seu cadro de características.

e) Prazo de entrega: cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e apartado 8.1 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 71240000-2, 45223000-6, 32000000-3, 39515200-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 2.925.237,05 €.

5. Presuposto base de licitación. Importe neto: 2.925.237,05 euros. Importe total: 3.539.536,83 €.

6. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do importe de licitación, excluído o IVE): 146.261,85 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 3.3. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5.2 do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 17 de abril de 2018, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2018.

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio