Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15447

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2894/2017-RCUD 398/2017-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2894/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 263/2015. Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Blokdegal, S.A., Granitos do Couto, S.A., José Manuel Domínguez Pérez, Graniblock, S.L.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dolores Rodríguez Domínguez, Roberto Rodríguez Domínguez, José Antonio Rodríguez Domínguez, Delia Domínguez Fernández, Granitos Fernández Rodríguez, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2894/2017-RCUD 398/17-S desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Blokdegal, S.A., Granitos do Couto, S.A., José Manuel Domínguez Pérez, Graniblock, S.L. contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dolores Rodríguez Domínguez, Roberto Rodríguez Domínguez, José Antonio Rodríguez Domínguez, Delia Domínguez Fernández, Granitos Fernández Rodríguez, S.L., sobre recarga de accidente, ditouse resolución que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza M. Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 21 de febreiro de 2018.

O anterior escrito presentado pola letrada Beatriz Lago Gómez, en representación de Graniblok, S.A., únase ao recurso da súa razón. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrada ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, e deberán acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Líbrese certificación da sentenza ditada por esta sala e alegada de contradición, que se unirá á peza separada da súa razón.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 5 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Fernández Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza