Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, polo que se notifica o acordo de iniciación do procedemento de rectificación de erro na acreditación da participación nunha acción formativa.

Con data do 6 de novembro de 2017, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria acordou iniciar o procedemento para a rectificación de erro na expedición do diploma do 14.11.2016, que acredita na acción formativa MF0249-2 Hixiene e atención sanitaria domiciliaria a participación de Alexis Pardo Narro.

Segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse practicar a notificación do citado acordo de iniciación no lugar indicado polo interesado para os efectos de notificación sen que esta se puidese facer efectiva.

Polo exposto, esta dirección xeral, de conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, en virtude deste anuncio, notifica o acordo de iniciación do 6 de novembro de 2017.

Para coñecer o texto íntegro do citado acordo de iniciación, Alexis Pardo Narro poderá recoller a notificación mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Promoción Laboral da Dirección Xeral Orientación y Promoción Laboral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, entenderase efectuada a notificación para todos os efectos.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, no prazo de quince (15) días contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a notificación da resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, segundo o que establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral