Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada 2017-IPPC-42-302 para a planta de produción eléctrica a partir de biomasa situada no parque empresarial de Teixeiro, no concello de Curtis.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de produción eléctrica a partir de biomasa

Procedemento: autorización ambiental integrada

Titular: Greenalia Biomass Power Curtis Teixeiro, S.L.U.

Expediente: 2017-IPPC-I-42

Localización: Curtis (A Coruña)

Data: 30.1.2018

Esta resolución poderase consultar en http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático