Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15376

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación pública do servizo de asistencia técnica para a Estratexia de desenvolvemento urbano sustentable integrado de Pontevedra, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo de crecemento sustentable 2014/2020 (2017/federabertoservizos/000001).

missing image file

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena, nº 30, 36071 Pontevedra. Telf. 986 80 43 29. contratacion.obras@pontevedra.eu-www.pontevedra.gal. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local. Código NUTS: ES114.

2. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 29. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal-http://sede.pontevedra.gal.

3. Obxecto: servizo de asistencia técnica para a Estratexia de desenvolvemento urbano sustentable integrado de Pontevedra, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo de crecemento sustentable 2014/2020. Duración: dous anos. Posibilidade prórroga: si, seis meses.

4. Revisión prezos: non. Variantes: non.

5. Códigos CPV08: 79420000-4. Servizos relacionados coa xestión.

6. Acreditación das solvencias económica e técnica: efectuarase a través dos medios que se determinan no artigo 11.4 do Real decreto 1098/2001 e deberase xustificar o limiar mínimo que tal precepto establece.

7. Procedemento e forma de adxudicación: aberto criterios de dous tipos (anexo II do PCAP).

8. Orzamento base de licitación: 82.644,62 €, máis 17.355,38 € de IVE; valor estimado: 103.305,78 €. Existe o crédito orzamentario preciso para atender as obrigas económicas que se deriven da contratación, con cargo á partida orzamentaria 03.920.0-227.09. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo de crecemento sustentable 2014-2020.

9. Garantías: provisional: non. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.

10. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 do PCAP. Lugar: Oficina de Asistencia ao Rexistro do Concello de Pontevedra.

11. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido no prego.

– Criterios dependentes de xuízo de valor: memoria metodoloxía (ata 35 puntos) e memoria coñecemento contexto municipal (ata 5 puntos).

– Criterios avaliables automaticamente por aplicación de fórmulas: prezo (ata 15 puntos), maior número de xornadas de difusión (ata 15 puntos), maior número de deseño e produción de material divulgativo de trípticos informativos (ata 10 puntos) e melloras no persoal do servizo (ata 5 puntos).

Pontevedra, 7 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda