Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15374

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de varios postos de policía local.

A concellería de goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio, mediante resolucións do 4 de xaneiro e do 12 de febreiro de 2018, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

– Javier Acevedo Pose, DNI núm. 36176553Z, para ocupar unha praza de policía da policía local da subescala de servizos especiais da escala básica da Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, a proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– Manuel Ricardo González González, con DNI núm. 35322806G, para ocupar unha praza de oficial da policía local da subescala de servizos especiais da escala básica da Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, a proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

– Luís Miguel García Lareu, con DNI núm. 77404832B, para ocupar unha praza de oficial da policía local da subescala de servizos especiais da escala básica da Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, a proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

– José Manuel Duarte Solla, DNI núm. 35321306E, para ocupar unha praza de inspector da policía local da subescala de servizos especiais da escala executiva da Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, a proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

– Diego Díaz Outeda, DNI núm. 44075822W, para ocupar unha praza de inspector da policía local da subescala de servizos especiais da escala executiva da Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, a proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse polos interesados ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao amparo do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, o interesado tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente con arranxo a dereito.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2018

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde