Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2017/569-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT GON815 e CT Cruceiro-Baiña.

Situación: Baiona.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 85 metros de lonxitude, con orixe nun apoio existente da LMT GON815 e final no apoio proxectado C-2000-12, no cal se fai un paso aéreo subterráneo. Desde este a liña continúa subterránea, con condutor RHZ, 70 metros, finalizando no centro de transformación proxectado Cruceiro-Baiña. Centro de transformación a 250 kVA, con RT 20 kV/400-230 V, situado no Cruceiro, Baiña, concello de Baiona.

Realizouse o trámite de información pública ao inserir anuncios no DOG do 27 de novembro, no BOP do 29 de novembro, no xornal Faro de Vigo de 30 de novembro de 2017, no BOE de 8 de xaneiro de 2018 e no taboleiro de anuncios do concello de Baiona. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación, segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economia e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra