Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2017/564-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforzo de varios tramos da LMTA LAL803 Anzo.

Situación: Lalín.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 estruturada en catro tramos:

1. 463 metros; orixe: apoio proxectado (APP) C-16/2000 (D32-104) con derivación ao centro de transformación (CT) Castelo; final: APP C-14/2000 (D32-108).

2. 213 metros; orixe: APP C-16/2000 (D32-116); final: APP C-14/2000 (D32-118) con derivacion na antena ao CT Cancelas.

3. 54 metros; orixe: APP C-14/2000 (D32-118) con derivacion na antena ao CT Cancelas; final: apoio existente (APE) C-12/2000 (D32-118-1) na derivacion na antena ao CT Cancelas.

4. 497 metros; orixe: APE 12/2000 (D32-132); final: APE HV-630-13 con derivación ao CT Ervo.

A instalación está situada en Cadrón, Cangas e Palmou, no concello de Lalín.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, do título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra