No Diario Oficial de Galicia núm. 48, do 8 de marzo de 2018, publicouse a Resolución do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente, documentalmente simplificado, para o servizo de realización dos labores de resinación no proxecto de produtividades das resinas naturais en Galicia dentro do Programa de desenvolvemento do Plan de mellora e innovación forestal de Galicia para o Centro de Investigación Forestal de Lourizán (expediente SE 3/2018).
Advertido un erro no prazo de presentación de ofertas e ao abeiro do establecido no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á rectificación da páxina 14184.
Onde di:
«a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día siguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos cinco (5) días naturales, a non ser que o último día sexa inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte».
Debe dicir:
«a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte».