Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2018 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 8 de setembro de 2017 da Consellería do Mar (DOG nº 180, do 21 de setembro), outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Resolución: 6 de outubro de 2017.

Referencia: 12-04-17-C-1.

Obxecto: explotación de fábrica de xeo e cámaras frigoríficas.

Porto: Cedeira.

Concesionaria: Cofradía de Pescadores de Cedeira.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 1.660,46 €, en concepto de TODP e o 1 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

– Resolución: 30 de outubro de 2017.

Referencia: 13-07-64-C-3.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa con destino á construción de edificio de taller de carpintaría e exposición de mobles.

Porto: Cambados.

Concesionaria: María Asunción Leiro Lois.

Prazo: ata o 15 de decembro de 2027.

Taxas: 744,6 €, en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

– Resolución: 31 de outubro de 2017.

Referencia: 13-04-12-C-1.

Obxecto: segunda modificación substancial para autorizar a ampliación da nave da concesión de explotación da zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións.

Porto: O Xufre (Illa de Arousa).

Concesionaria: Outros Adaxes, S.L.

Prazo: ata o 4 de outubro de 2027.

Taxas: 54.061,63 €, en concepto de TODP e o 3 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

– Resolución: 15 de novembro de 2017.

Referencia: 14-05-17-C-2.

Obxecto: explotación de liña eléctrica de media tensión en canalización soterrada para subministración da lonxa do porto de Burela.

Porto: Burela.

Concesionaria: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 3.640,84 € en concepto de TODP e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio polo fornecemento a instalacións portuarias e o 2 % do importe neto da cifra anual de negocio polo fornecemento a outros alleos as instalacións portuarias.

– Resolución: 17 de novembro de 2017.

Referencia: 13-36-00-C-2.

Obxecto: modificación substancial, para incluír o novo uso de elaboración de produtos do mexillón de V gama, así como ampliación de volume e remodelación interior da concesión para construción de estación depuradora e centro de expedición de moluscos.

Porto: Tragove.

Concesionaria: Depuradora de Moluscos La Sirena, S.L.

Prazo: ata o 25 de novembro de 2030.

Taxas: 30.295,29 €, en concepto de TODP e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio pola actividade de depuración de moluscos e o 1,5 % do importe neto da cifra anual de negocio pola actividade de transformación e manipulación da pesca.

– Resolución: 12 de decembro de 2017.

Referencia: 12-21-16-C-2.

Obxecto: ocupación de edificación para base de salvamento.

Porto: Laxe.

Concesionaria: Cruz Roja Española.

Prazo: 10 anos.

Taxas: exenta por aplicación do artigo 40.k) da Lei 6/2003, de taxas prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Resolución: 19 de decembro de 2017.

Referencia: 13-25-17-C-1.

Obxecto: ocupación de dominio público portuario para uso dun local con destino a taller de reparación de motores mariños.

Porto: Cesantes.

Concesionario: José Carlos Pazó Míguez.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 846,93 €, en concepto de TODP e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio das actividades da instalación obxecto da concesión administrativa.

– Resolución: 17 de xaneiro de 2018.

Referencia: 12-19-15-C-1.

Obxecto: legalización de liñas eléctricas.

Porto: Malpica.

Concesionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 3.074,3 €, en concepto de TODP e o 1 % do importe neto da cifra anual de negocio xerado no ámbito da concesión, polo fornecemento a instalacións portuarias e o 2 % do importe neto da cifra anual de negocio das actividades da instalación, polo fornecemento a outras actividades alleas ao porto.

– Resolución: 29 de xaneiro de 2018.

Referencia: 14-05-01-C-4.

Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa para legalización da explotación de bar-restaurante anexo á nave da antiga lonxa.

Porto: Burela.

Concesionario: José Manuel Prieto Lestao.

Prazo: ata o 11 de xuño de 2022.

Taxas: 6.080,39 €, en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

– Resolución: 8 de febreiro de 2018.

Referencia: 12-46-15-C-1.

Obxecto: instalación e explotación de caseta desmontable para bar-cafetaría.

Porto: Aguiño.

Concesionario: José Sanmartín Crugeiras.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 295,75 €, en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio anual das actividades desenvoltas na instalación.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia