Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo de elaboración do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, do anteproxecto para a reforma e ampliación do Hospital de Montecelo, redacción do proxecto básico e de execución e dirección facultativa da fase I da obra de construción do Gran Montecelo (expediente RB-SER3-17-010).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número del expediente: RB-SER3-17-010.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de elaboración do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, do anteproxecto para a reforma e ampliación do Hospital de Montecelo (Pontevedra), redacción do proxecto básico e de execución e dirección facultativa da fase I da obra de construción do Gran Montecelo.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71.22.10.00, 71.24.00.00, 71.24.30.00.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 151, do 9.8.2017, BOE núm. 195, do 16.8.2017, DOUE núm. 152, do 10.8.2017, na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia o 9.8.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 2.014.038,19 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.038.831,58 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 1.256.986,21 €. Ver a cláusula 3.1 do PCAP.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 16 de febreiro de 2018.

c) Contratista: Estudo Chile 15, S.L.P., Gau Arquitectura e Urbanismo, S.L.P. e JG Ingenieros, S.A.-Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

d) Importe ou canon máximo de adxudicación. Importe neto: 690.299,19 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 835.262,01 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación de criterios obxectivos para que o resultado sexa o máis beneficioso, técnica e economicamente, para a Administración, segundo o que establece o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta contratación. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos