Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente, documentalmente simplificado, para o servizo de realización dos labores de determinación da humidade de combustibles forestais no proxecto Civil UAVs Initiative (expediente SE 2/2018).

No Diario Oficial de Galicia núm. 48, do 8 de marzo de 2018, publicouse a Resolución do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente, documentalmente simplificado, para o servizo de realización dos labores de determinación da humidade de combustibles forestais no proxecto Civil UAVs Initiative (expediente SE 2/2018).

Advertido un erro no prazo de presentación de ofertas e ao abeiro do establecido no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á rectificación da páxina 14186.

Onde di:

«a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos cinco (5) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte».

Debe dicir:

«a) Fecha límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte».