Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 13803

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2018 pola que se crea un ficheiro de datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

Co fin de que se cumpra o mandato legal do artigo 20 da LOPD sobre a creación e a modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade, de asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos, e logo de cumprir os trámites establecidos na Lei 8/2001, do 13 de xullo, e o Decreto 99/2002, do 1 de xullo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. De conformidade co previsto no artigo 20 da LOPD, e para os efectos previstos, créase o ficheiro sinalado no anexo e indícase o nivel de medidas de seguridade correspondente en aplicación do Real decreto 1720/2007 de desenvolvemento da Lei orgánica de protección de datos de cararácter persoal.

Segundo. Créase o ficheiro de datos de carácter persoal sinalado no anexo.

Terceiro. O ficheiro indicado no anexo rexerase polas disposicións xerais e instrucións que se detallan nel e estará sometido, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lle sexan aplicables.

Cuarto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de febreiro de 2018

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Ficheiro Hack For Good

a) Identificación do ficheiro:

a.1) Denominación do ficheiro: Hack For Good-Cátedra Telefónica.

a.2) Finalidade: rexistro dos participantes no evento H4G en Vigo.

a.3) Usos previstos: entrega dos premios aos gañadores e remisión de información relacionada co evento.

b) Orixe dos datos:

b.1) Colectivo de persoas sobre as cales se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigadas a subministralos: alumnos, outros membros da comunidade universitaria e outros cidadáns interesados.

b.2) Procedencia: os propios interesados.

c) Estrutura do ficheiro:

c.1) Datos identificativos: nome, apelidos, DNI, teléfono e enderezo.

c.2) Outros tipos de datos:

c.3) Sistema de tratamento: manual.

d) Comunicacións de datos previstas: non se prevén.

e) Transferencias internacionais de datos previstas: non se prevén.

f) Órganos responsables do ficheiro: Vicerreitoría de Economía e Planificación.

g) Órgano ante o cal se poden exercer os dereitos Arco: Vicerreitoría de Economía e Planificación.

h) Nivel de seguridade: básico.