Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 13805

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de marzo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 34/2015, do 5 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 10 de marzo) esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (en diante LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir seis (6) prazas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola quenda de acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición e irá seguido dun período de prácticas.

I.1.1. A este proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en diante TRLEBEP), a LEPG e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas nos procesos selectivos, as persoas aspirantes deberán posuír, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira, os seguintes requisitos:

I.2.1. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/es.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.6. Non poderán participar no proceso selectivo as persoas que xa pertencen á escala de funcionarios obxecto desta convocatoria.

I.3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

1) Forma de cubrir a solicitude:

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas solicitantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán indicalo expresamente na solicitude, e especificar o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente. Poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo isto conforme o contido na LEPG, no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, e no Decreto 34/2015, do 5 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

Poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia debidamente compulsada do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

2) Forma de aboar as taxas:

Unha vez confirmada a alta da solicitude, a persoa solicitante, segundo estea ou non nos supostos previstos, deberá seguir os seguintes pasos:

• Exenta de pagamento: consonte o artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da publicación desta convocatoria no DOG e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Unha vez elixida esta opción, a persoa solicitante poderá imprimir a solicitude cuberta e deberá presentar, antes do remate do prazo fixado, orixinal ou copia debidamente compulsada, dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento segundo os supostos en que se atopen:

• Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.

• Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar onde conste o dito carácter.

• Demandantes de emprego:

– Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que figura como demandante de emprego desde polo menos os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

– Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

A documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nas oficinas de Correos e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Nestes supostos, considerarase como data válida a de presentación dentro do prazo da documentación sinalada para acreditar a exención do pagamento.

• Non exenta de pagamento: a persoa solicitante poderá realizar o pagamento dun dos seguintes xeitos:

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo AI) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

Pagamento electrónico:

• Sen certificado dixital: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

• Con certificado dixital: poderá realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Tanto no caso do pagamento presencial como no caso do pagamento electrónico, considerarase como data válida de presentación da solicitude a de realización da operación de ingreso da taxa, sen que sexa necesario presentar ningún dos documentos xerados nos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Para a devolución da taxa aboada, as persoas solicitantes deberán figurar como excluídas nas listaxes definitivas e seguir o procedemento que se sinale na resolución pola que se aproben.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso ás persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento seguindo as instrucións iniciais e seleccionando na pantalla a opción de consulta.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes poderán poñerse en contacto telefónico co centro informático Cixtec no número 981 54 13 00, de luns a venres das 8.30 ás 20.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e número do DNI, das causas das exclusións que procedan e do lugar en que se atoparán expostas.

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das peticións de corrección entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participaren no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar a oposición se desprenda que non posúen algún dos requisitos, decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta orde.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.1.1. Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, máis cinco (5) preguntas de reserva. Cada pregunta conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha será a correcta, correspondentes á parte I do programa que figura como anexo I.

O exercicio terá unha duración máxima de cento oitenta (180) minutos.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de dez (10) puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que por cada resposta incorrecta se descontará un terzo dunha pregunta correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos dez (10) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.1.1.2. Segundo exercicio: consistirá na resolución por escrito dun caso práctico proposto polo tribunal sobre as materias incluídas na parte II do programa que figura como anexo I.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos corenta (240) minutos.

Para o desenvolvemento deste exercicio as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Así mesmo, está expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, das resolucións do presidente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, e de temarios, informes ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido no parágrafo anterior. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión da persoa aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.3. Terceiro exercicio, constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de dez (10) preguntas proposto polo tribunal sobre as materias comprendidas na parte III do programa que figura como anexo I.

A duración máxima da proba será de noventa (90) minutos.

– A segunda proba consistirá na resolución, á escolla da persoa aspirante, de tres (3) supostos prácticos de dereito tributario ou ben de tres (3) supostos prácticos de dereito orzamentario.

A duración máxima da proba será de cento vinte (120) minutos.

Para o desenvolvemento da segunda proba deste exercicio as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios coas condicións establecidas na base II.1.1.2.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima. Esta cualificación total obterase pola suma da correspondente á primeira proba, que se cualificará de 0 a 15 puntos, e da segunda proba, que se cualificará de 0 a 15 puntos, suma que non poderá ter lugar se a cualificación obtida en calquera das partes do exercicio for inferior a seis (6) puntos, caso en que non se superará o exercicio.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.4. Cuarto exercicio: consistirá en expoñer oralmente catro (4) temas, extraídos ao chou, entre os que forman a parte III do anexo I do temario, conforme o seguinte:

– O primeiro corresponderá aos temas relativos á materia de dereito administrativo (1 de entre os numerados do 1 ao 20).

– O segundo á materia de dereito tributario (1 de entre os numerados do 48 ao 83).

– O terceiro tema corresponderá ás materias de facenda pública e sistema financeiro (1 de entre os numerados do 21 ao 47).

– O cuarto tema corresponderá á materia de dereito orzamentario (1 de entre os numerados do 84 ao 101).

O exercicio terá unha duración máxima de sesenta (60) minutos.

Despois da extracción dos temas e antes de comezar a súa exposición, concederase ata un máximo de dez (10) minutos de tempo para que a persoa aspirante elabore, en presenza do tribunal, un guión que poderá utilizar no desenvolvemento da súa exposición, consultando para iso exclusivamente o programa da oposición.

Unha vez concluída a exposición dos temas, o tribunal poderá dialogar coa persoa aspirante por un tempo máximo de dez (10) minutos, exclusivamente sobre aspectos concretos relacionados cos temas expostos.

O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.5. Quinto exercicio: consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das cales só unha será a correcta, máis tres (3) preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.

O exercicio terá unha duración de corenta (40) minutos.

O cuestionario deberá obrigatoriamente recoller contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua: léxico, sintáctico e gramatical correspondentes ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posuían o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Por cada resposta incorrecta descontarase un terzo dunha pregunta correcta.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar o resultado de apto.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días.

Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superen o terceiro exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións dese exercicio.

II.1.1.6. Ao remate das probas que consistan na contestación dun cuestionario, cada persoa aspirante poderá obter copia das súas respostas.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido dos exercicios e as respostas correctas no mesmo lugar en que se realizaron e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

II.1.1.7. As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), poderán optar por conservar a puntuación obtida nel e acceder directamente ao segundo exercicio.

Na vindeira convocatoria destas probas poderán acceder directamente ao segundo exercicio as persoas aspirantes que aproben o primeiro na presente, conservando a cualificación obtida. Do mesmo xeito poderán acceder directamente ao terceiro exercicio as persoas que aproben o segundo exercicio, conservando a cualificación obtida.

II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.2.1. A orde de actuación iniciarase alfabeticamente pola primeira persoa aspirante da letra «S», consonte a Resolución do 29 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 28, do 11 de febreiro) pola que se publica o resultado do sorteo realizado segundo o disposto na Resolución do 13 de xaneiro de 2015 da Consellería de Facenda (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro), ao tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 2015.

II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, as que integran o tribunal e as designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como persoal colaborador.

II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal para acreditar a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de antelación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización dun exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas publicarao no DOG.

II.1.2.8. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no lugar onde se realicen as probas e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal. Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarao á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento. No caso de que non se acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano que convoca, que publicará a orde que corresponda.

II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

II.2. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Para asegurar a cobertura das vacantes, se se produciren renuncias das persoas que superaron o proceso selectivo antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que convoca poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poden ser nomeados persoal funcionario de carreira.

III. Período de prácticas.

III.1. As persoas aspirantes que superen a fase de oposición con mellor orde de prelación, ata un número igual ao de prazas convocadas, realizarán un período de prácticas que, igualmente, deberán superar con aproveitamento como requisito indispensable para obter o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

As prácticas terán como finalidade a preparación das persoas aspirantes para o exercicio das funcións específicas tanto da especialidade de inspección e xestión financeira e tributaria como da especialidade de contabilidade e intervención.

Durante este período, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.

III.2. O período de prácticas terá unha duración de dous (2) meses e regularase por resolución ditada para ese efecto.

III.3. O período de prácticas valorarase como apto ou non apto e para superalo é necesario obter o resultado de apto.

III.4. As persoas aspirantes que non superen o período de prácticas perderán todos os seus dereitos para o nomeamento como persoal funcionario de carreira, por resolución motivada da autoridade que efectuase a convocatoria por proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e logo de informe favorable da Comisión de Persoal.

III.5. Unha vez rematado o período de prácticas e ata que se proceda ao seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, as persoas aspirantes continuarán prestando servizos como persoal funcionario en prácticas.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por orde da consellería competente en materia de función pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, o artigo 60 do TRLEBEP e o artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

IV.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran nelas circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal, ás persoas que actúen como persoal asesor dos previstos na base IV.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non atoparse en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

As persoas aspirantes poderán recusar os integrantes do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

IV.3. A autoridade que convoca publicará no DOG a orde correspondente pola que se nomeen os novos integrantes do tribunal que substituirán a quen perdese a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

IV.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

IV.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus integrantes, con presenza, en todo caso, da Presidencia e da Secretaría deste.

IV.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

IV.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da Secretaría e o visto e prace da Presidencia.

IV.8. A Presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo, agás aqueles en que estea prevista a lectura pública, sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e a valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes a que corresponden os resultados obtidos.

IIV.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderá á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública.

IV.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios ás dos restantes aspirantes. Para tal fin estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se, durante a realización das probas, o tribunal tiver dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo a que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

IV.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base IV.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

IV.12. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

IV.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

V. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario en prácticas e de carreira.

V.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

1) Puntuación obtida nos exercicios pola súa orde de realización.

2) Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

3) En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

V.2. Unha vez rematados todos os exercicios da oposición, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron con indicación da puntuación acadada en cada un dos exercicios, con indicación do seu DNI. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación das persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para a presentación dos seguintes documentos:

a) Fotocopia cotexada do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separada/o nin despedida/o mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo de que foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo, segundo o modelo que figura como anexo II a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

c) Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

V.3. Quen tiver a condición de persoal funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, estará exento de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento.

V.4. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2, non poderán ser nomeadas persoal funcionario en prácticas e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.5. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario en prácticas mediante orde da consellería competente en materia de función pública, que se publicará no DOG segundo a puntuación obtida nos exercicios da oposición. O nomeamento terá efectos desde a data do inicio do período de prácticas a que se refire a base III.

V.6. Unha vez finalizado o período de prácticas, o tribunal, fará públicos os resultados obtidos nel e a orde de prelación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acordo co establecido na base II.2.

V.7. A petición de destinos por parte do persoal funcionario en prácticas que superou o período de prácticas deberá realizarse unha vez rematado este, logo da oferta daqueles.

V.8. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base II.2.

V.9. As persoas que superen o proceso selectivo nomearanse persoal funcionario de carreira mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública. Esta orde publicarase no DOG e indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

V.10. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

VI. Disposición derradeira.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I
Programa que rexerá do proceso selectivo para o acceso ao corpo
superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,
subgrupo A1, escala superior de finanzas

Parte I:

– Dereito civil.

Tema 1. As fontes do dereito no sistema xurídico positivo español. Código civil e lexislación complementaria. A aplicación das normas xurídicas. Eficacia xeral. Límites no tempo e no espazo. Eficacia constitutiva do dereito.

Tema 2. A persoa. Concepto e clases. A persoa física. A persoa xurídica: a fundación e a asociación. Capacidade. Representación.

Tema 3. Nacionalidade. Domicilio. Estado civil. O Rexistro Civil. Os réximes económicos do matrimonio. As capitulacións matrimoniais. A sociedade de gananciais. O réxime de participación. O réxime de separación de bens.

Tema 4. O obxecto do dereito. Feito, acto e negocio xurídico. Elementos esenciais. Influencia do tempo nas relacións xurídicas. A prescrición e a caducidade.

Tema 5. Os dereitos reais. Concepto, clases e caracteres. Os dereitos reais de garantía. Hipoteca. Hipoteca mobiliaria. Peñor. Peñor sen desprazamento. Anticrese.

Tema 6. O dereito de propiedade. Contido. Protección. Adquisición e perda do dominio. Especial referencia á doazón.

Tema 7. A comunidade de bens. A posesión. Usufruto, uso e habitación. As servidumes.

Tema 8. O rexistro da propiedade: títulos inscritibles e asentos rexistrais. Principios hipotecarios. A anotación preventiva de embargo.

Tema 9. A obrigación (I). Concepto e clasificación. Obrigacións extracontractuais. Enriquecemento sen causa. Cumprimento normal das obrigacións: o pagamento.

Tema 10. A obrigación (II). Outros modos de extinción das obrigacións. Cumprimento anormal das obrigacións: causas e consecuencias. Protección do crédito e proba das obrigacións. Concorrencia e prelación de créditos.

Tema 11. O contrato. Elementos e requisitos. Clasificacións. Xeración, perfección e consumación do contrato. Ineficacia dos contratos. Interpretación dos contratos.

Tema 12. O contrato de compravenda. Elementos. Obrigas do vendedor e do comprador. Dereitos de tanteo e retracto. Cesión de dereitos e accións. A permuta.

Tema 13. O arrendamento en xeral. Arrendamento de servizos. Arrendamento de obras. Arrendamento de cousas. Arrendamento de predios rústicos e urbanos.

Tema 14. O mandato. O préstamo. O precario. O depósito. A sociedade. A fianza. A transacción. O compromiso. A arbitraxe. A adhesión.

Tema 15. O dereito hereditario (I). Conceptos xerais. Capacidade para suceder. Aceptación e repudiación da herdanza. Comunidade hereditaria. Dereito de acrecer. Colación e partición da herdanza.

Tema 16. O dereito hereditario (II). Sucesión testamentaria, forzosa e intestada. Institución de herdeiros. Substitución. Legado. Testamenteiro. A desherdación. A preterición.

Tema 17. O dereito civil de Galicia.

– Dereito mercantil.

Tema 18. Contido do dereito mercantil. O acto de comercio. Actos de comercio por analoxía. Actos mixtos. A empresa mercantil. Fontes do dereito mercantil.

Tema 19. Concepto doutrinal e legal do comerciante. Comerciante individual. Incapacidades e prohibicións. O comerciante estranxeiro. Habitualidade e profesionalidade. A publicidade no dereito mercantil. O Rexistro Mercantil.

Tema 20. Doutrina xeral das cousas mercantís. A propiedade industrial. Patentes e marcas. A Oficina Española de Patentes e Marcas. Réxime xurídico internacional de protección. Dereito da competencia. Competencia ilícita e competencia desleal; réxime da publicidade e consumo. Defensa da competencia. Unión temporal de empresas.

Tema 21. A contabilidade dos empresarios. Libros. Requisitos. Valor probatorio e recoñecemento dos libros. Contas anuais.

Tema 22. A sociedade mercantil. Concepto, natureza e clases. O obxecto social. A sociedade irregular. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria simple. A sociedade comanditaria por accións. A sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 23. A sociedade anónima. Formas de constitución. A escritura social e os estatutos. Achegas. Patrimonio e capital social. As reservas. Accións: clases. Accións sen voto. Aumento e redución do capital social. A emisión de obrigacións. Sindicato de obrigacionistas.

Tema 24. Órganos da sociedade anónima. Xunta xeral. Administradores. O Consello de Administración. Modificacións estruturais das sociedades mercantís. Disolución de sociedades mercantís. Liquidación de sociedades mercantís: operacións que comprende.

Tema 25. Títulos de crédito: concepto e caracteres. Clases. Títulos nominativos. Títulos á orde. A letra de cambio. Emisión e forma da letra. O endoso. A aceptación. O aval. Vencemento e pagamento. O protesto. As accións cambiarias. A obriga de pagamento. O cheque.

Tema 26. Obrigacións e contratos mercantís. A comisión mercantil. A representación no dereito mercantil. Contrato de compravenda mercantil. Compravendas especiais. O leasing.

Tema 27. Os contratos bancarios en xeral. Exame da conta corrente, apertura de crédito, préstamos e desconto bancario. Depósitos en bancos. O peñoramento de valores. Créditos documentarios. O contrato de seguro: concepto, natureza e regulación.

Tema 28. O contrato de asistencia técnica. O factoring e o leasing. Contrato de axencia: a exclusividade. A franquía. O contrato de conta corrente mercantil. O contrato de contas en participación. Préstamo e depósito mercantís. Compañías de almacéns xerais de depósito: os warrant.

Tema 29. O concurso: requisitos e condicións. O auto de declaración do concurso. Efectos sobre os acredores, créditos e contratos. A masa do concurso. O convenio: contido e efectos. As causas de conclusión do concurso. A cualificación do concurso. O acordo extraxudicial de pagamentos.

Tema 30. O dereito marítimo. O buque. Propietario, armador e navieiro. O capitán do buque e os auxiliares da navegación marítima. O transporte marítimo: convención das Nacións Unidas sobre o dereito do mar. O seguro marítimo. Contrato de remolque. Asistencia e salvamento no mar.

Tema 31. Dereito de navegación aérea. Transporte aéreo: convenio de Varsovia. Normas IATA. O transporte de viaxeiros e mercadorías. Normas sobre responsabilidade no caso de accidente e seguros aéreos. O contrato de transporte terrestre: concepto, natureza e clases. Elementos persoais, reais e formais.

– Dereito constitucional e Unión Europea.

Tema 32. A Constitución española de 1978: características e estrutura. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. A reforma constitucional.

Tema 33. Políticas públicas para a igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Tema 34. As Cortes Xerais: composición e funcións. Órganos parlamentarios. O procedemento lexislativo ordinario. A Coroa. O Rei. O Defensor do Pobo.

Tema 35. O Goberno: composición e funcións. O Consello de Ministros e as comisións delegadas do Goberno. O Tribunal de Contas.

Tema 36. O Poder Xudicial: funcións. O goberno do Poder Xudicial. O Ministerio Fiscal. O Tribunal Constitucional: organización e funcións. Recursos e procesos ante o Tribunal Constitucional.

Tema 37. A organización territorial do Estado: comunidades e cidades autónomas. As entidades locais. Os ordenamentos das comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.

Tema 38. O dereito comunitario. As fontes do dereito comunitario e a súa aplicación. A relación entre o ordenamento comunitario e o dos estados membros.

Tema 39. Institucións da Unión Europea: o Parlamento Europeo, o Consello Europeo, o Consello, a Comisión, o Tribunal de Xustiza, o Banco Central e o Tribunal de Contas.

– Dereito autonómico.

Tema 40. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido.

Tema 41. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 42. Organización política da Comunidade Autónoma. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

Tema 43. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 44. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: o control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 45. A delimitación competencial entre o Estado e as comunidades autónomas na Constitución. Clases de competencias autonómicas, en especial, as leis de bases e as competencias de desenvolvemento. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. As leis de harmonización.

Tema 46. As cláusulas de prevalencia e supletoriedade do dereito estatal. As competencias de Galicia no Estatuto de autonomía. Os decretos de traspaso.

Tema 47. As consellerías: organización e estrutura. A Administración periférica da comunidade autónoma. Especial referencia á consellería competente en materia de facenda. A Administración consultiva: o Consello Consultivo de Galicia.

Tema 48. A organización da Administración tributaria na Comunidade Autónoma de Galicia. A Axencia Tributaria de Galicia: creación, natureza, obxectivos e organización central e territorial.

Tema 49. A organización de funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Tema 50. O emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia. Clases de persoal. Organización do emprego público. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos e deberes dos empregados públicos. Situacións administrativas.

– Economía xeral.

Tema 51. A escaseza de bens e a elección. Concepto de economía. A economía como ciencia social. Economía positiva e normativa. A actividade económica. Teoría e política económica. Os sistemas económicos. Os modelos económicos: o fluxo circular da renda. Micro e macroeconomía.

Tema 52. O mercado. A demanda e a oferta. As curvas de demanda e de oferta e os seus desprazamentos. Equilibrio e desequilibrio do mercado. Tipos de mercado.

Tema 53. A utilidade. A restrición orzamentaria. A curva de demanda e o orzamento. As elasticidades da demanda e da oferta.

Tema 54. A produción e o máximo beneficio empresarial. A produtividade e os custos a curto prazo. A produción e os custos a longo prazo. O equilibrio competitivo.

Tema 55. A competencia imperfecta: competencia monopolística, oligopolio e monopolio. Os poderes públicos e a competencia.

Tema 56. Obxectivos e indicadores macroeconómicos: produto nacional, consumo e investimento e gasto nacional. Produto nacional bruto e produto nacional neto. Renda nacional e renda dispoñible. As magnitudes agregadas e o fluxo circular da renda.

Tema 57. A renda de equilibrio nunha economía pechada e sen sector público: o multiplicador. A renda de equilibrio nunha economía pechada con sector público. A renda de equilibrio nunha economía aberta e con sector público.

Tema 58. O diñeiro. Os diferentes agregados monetarios. A demanda de diñeiro. A base monetaria e a creación de diñeiro. O sistema financeiro.

Tema 59. O equilibrio no mercado real e no mercado monetario. O modelo IS-LM. As políticas fiscal e monetaria.

Tema 60. O modelo da oferta e a demanda agregada. A demanda agregada, o tipo de interese e o nivel de prezos. A oferta agregada nos modelos clásico e keynesiano.

Tema 61. A inflación e o desemprego: causas e efectos. Os distintos enfoques da política económica. Os ciclos económicos.

Tema 62. O comercio internacional: a lei da vantaxe comparativa e o modelo Heckscher-Ohlin. Restricións ao mercado internacional. Libre comercio fronte a proteccionismo. A integración económica.

Tema 63. A balanza de pagamentos: concepto e compoñentes, funcionamento e saldos. Os tipos de cambio e os mercados de divisas. Institucións financeiras internacionais.

Tema 64. Crecemento e desenvolvemento. Teorías explicativas do crecemento económico. Beneficios e custos do crecemento. Desenvolvemento e subdesenvolvemento.

Tema 65. A situación do sector primario en España: política económica sobre o sector. O sector industrial, enerxético e da construción en España: política sobre o sector. O sector servizos en España (excluído o sector financeiro): política sobre o sector.

Tema 66. Política de protección social en España. Pensións. Protección do desemprego. Política sanitaria. Política de educación e formación continua. Política de obras públicas. Política de transportes. Política de vivenda. Economía da empresa e organización estrutural.

– Economía da empresa.

Tema 67. As organizacións. Definición, tipos e teorías da organización. Principais modelos de organización.

Tema 68. A organización estrutural. As relacións e comunicacións na organización. A autoridade: centralización ou descentralización da autoridade. A responsabilidade. Os traballos en grupo: vantaxes e inconvenientes. Política de recursos humanos.

Tema 69. A empresa como organización. Marco institucional. Concepto, realidade, economía e ámbito. Clases de empresas e criterios de clasificación. A empresa e o mercado.

Tema 70. A empresa pública. Obxectivos da empresa pública. O sistema de control da empresa pública. O financiamento da empresa pública.

Tema 71. Os obxectivos da empresa. Sistemas de dirección e xestión. Métodos matemáticos de xestión empresarial. Métodos PERT e CPM. A xestión de stocks. A planificación na empresa e o establecemento de obxectivos.

Tema 72. Sistemas de control da empresa. Concepto. Elementos. Principais sistemas de control. O proceso de control. O control en directo. Eficacia e eficiencia como medidas do control.

Tema 73. As decisións na empresa e os sistemas de toma de decisión: concepto e clases. O proceso de toma de decisións. As relacións na empresa. Os sistemas de información. O fluxo de información e a comunicación. Manexo da información.

Tema 74. A estrutura económico-financeira da empresa. As fontes de financiamento da empresa. O equilibrio financeiro. Equilibrio entre investimentos e financiamentos.

Tema 75. O investimento na empresa: concepto e clases. Valoración e selección de proxectos de investimento. O investimento en bens de equipamento. Decisións de renovación de equipamentos. O investimento en activo circulante. O efectivo.

Tema 76. O financiamento da estrutura fixa da empresa: o autofinanciamento. Os fondos de amortización. O crédito a longo, medio e curto prazo. O endebedamento.

Tema 77. O financiamento externo da empresa: o seu custo. O financiamento da empresa nos mercados financeiros internacionais. A estrutura financeira óptima da empresa. O beneficio da empresa. A relatividade do beneficio.

Tema 78. O proceso produtivo. Principios e modelos de produción. O custo do produto. Mínimo de explotación e óptimo de explotación. O control de custos. O custo dos subprodutos.

Tema 79. Política de produto. Avaliación da demanda e estudos de mercado. A comercialización do produto. Política de prezos. Variacións de prezos e os seus efectos. A distribución do produto. Canles de distribución.

Parte II:

A) Contabilidade.

a. A normalización contable española. Plan Xeral de Contabilidade español. Modelos normais de contas anuais.

b. Resolucións do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas.

c. Contabilidade das operacións societarias.

B) Cálculo financeiro.

a. Leis financeiras de capitalización simple e composta; lei de desconto simple comercial. Equivalencia de capitais. Tipos de xuros efectivos e nominais.

b. Operacións financeiras en réxime de capitalización composta. Equilibrio financeiro. Saldos financeiros. Custos e rendementos.

c. Rendas, préstamos e empréstitos. Operacións con valores.

Parte III:

– Dereito administrativo.

Tema 1. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. A lei. Os decretos leis. A delegación lexislativa. Os tratados internacionais.

Tema 2. A potestade regulamentaria: titularidade, límites e control. O regulamento: clases. Eficacia dos regulamentos. A inderrogabilidade singular.

Tema 3. A organización administrativa. Órganos unipersoais e colexiados. A competencia e a xerarquía. Centralización, descentralización e desconcentración.

Tema 4. O sector público institucional estatal. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. As sociedades mercantís estatais. Os demais entes públicos.

Tema 5. A organización de funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. As entidades instrumentais.

Tema 6. As potestades administrativas. O principio de legalidade. A autotutela da Administración. A responsabilidade da Administración e os seus axentes. Requisitos. Prazos de reclamación e procedemento. O goberno aberto, especial referencia á transparencia e ao acceso á información pública, á participación na rendición de contas e ao bo goberno.

Tema 7. O acto administrativo (I). Concepto, elementos e clases. Forma. A notificación e a publicación dos actos administrativos. O silencio administrativo.

Tema 8. O acto administrativo (II). Eficacia e executoriedade dos actos administrativos. A suspensión de efectos do acto administrativo. A execución forzosa: especial referencia á vía de constrinximento. Validez e invalidez dos actos administrativos. Revogación e anulación de oficio dos actos administrativos.

Tema 9. O procedemento administrativo: concepto e clases. Regulación. As partes no procedemento administrativo: dereitos. Os interesados. Capacidade, lexitimación e representación. Iniciación. Instrución: especial referencia ao trámite de audiencia. A terminación do procedemento: formas.

Tema 10. Os contratos administrativos (I). Normativa reguladora dos contratos do sector público. Ámbito subxectivo e obxectivo de aplicación. Órganos de contratación. O contratista: aptitude para contratar. Clasificacións dos contratos.

Tema 11. Os contratos administrativos (II). O obxecto do contrato, o prezo e a súa revisión. Prazo de duración. As garantías no contrato administrativo. A preparación dos contratos. Procedementos de selección do adxudicatario. A Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Galicia.

Tema 12. Os contratos administrativos (III). Invalidez dos contratos e recurso especial en materia de contratación. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A execución do contrato. Efectos e cumprimento. Causas de extinción. Cesión dos contratos e subcontratación. Rexistros oficiais.

Tema 13. O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tráfico xurídico do patrimonio. Utilización e aproveitamento do patrimonio. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.

Tema 14. A noción do servizo público. Os modos de xestión do servizo público. A garantía da calidade dos servizos públicos e a boa administración.

Tema 15. A potestade sancionadora da Administración. Fundamentos, contido e límites. As sancións administrativas: concepto e clases. O procedemento sancionador.

Tema 16. A expropiación forzosa. Fundamento e límites. Os suxeitos da expropiación. Requisitos da expropiación. O prezo xusto. A reversión expropiatoria.

Tema 17. Os recursos administrativos. Clases de recursos. Procedemento de tramitación e resolución dos recursos administrativos.

Tema 18. A xurisdición contencioso-administrativa: ámbito. Os órganos da xurisdición contencioso-administrativa. As partes do procedemento. Obxecto do recurso. O procedemento contencioso-administrativo. A sentenza. Os recursos.

Tema 19. A Administración pública e a xustiza. Conflitos xurisdicionais, cuestións de competencia e conflitos de atribucións.

Tema 20. A organización administrativa estatal. Principios de organización. A organización administrativa central e periférica. A administración consultiva. A Administración electrónica: dereito e obriga de relacionarse electronicamente coas administracións públicas. Instrumentos para o acceso electrónico ás administracións públicas: sedes electrónicas, canles e punto de acceso, identificación e autenticación. Asistencia no uso de medios electrónicos aos interesados.

– Facenda pública.

Tema 21. O sector público nunha economía de mercado. Delimitación, criterios de medición, importancia e evolución. A contabilidade nacional e o sector público. A facenda pública. Os contidos actuais.

Tema 22. A intervención do sector público na actividade económica. Os fallos do mercado. Os fins do sector público. As operacións do sector público.

Tema 23. A toma de decisións no sector público. Elección social e preferencias individuais. O funcionamento democrático. Burocracia e grupos de interese.

Tema 24. O orzamento. Concepto e estrutura. O ciclo orzamentario. As distintas técnicas orzamentarias: do orzamento administrativo ás modernas técnicas de elaboración de orzamentos. O orzamento e os sistemas de planificación e control.

Tema 25. A eficiencia no sector público. Produción pública e produción privada. Selección e avaliación de proxectos. Custos, beneficios e regras de decisión.

Tema 26. A xestión pública. A xestión pública como ciencia multidisciplinar. Os fallos do sector público. Limitacións da intervención pública na corrección dos fallos do mercado. Emprego público: aspectos descritivos e mecanismos de incentivos.

Tema 27. Experiencias de reforma na xestión pública nos países da OCDE. Problemas de medición do output público. Os indicadores de actividade. Mecanismos casecompetitivos e de mercado: os casemercados. Empresas públicas e eficiencia.

Tema 28. Relación entre equilibrio orzamentario e crecemento e estabilidade económica. Disciplina fiscal na Unión Europea. A reforma da institución orzamentaria en España: as leis de estabilidade orzamentaria.

Tema 29. Gasto público: teorías explicativas do crecemento, equidade e eficiencia. Teorías explicativas do crecemento do gasto público. Incidencia e efectos distributivos do gasto público. Eficacia e eficiencia do gasto público: conceptos e técnicas de análise.

Tema 30. Gasto público no Estado do benestar (I). Gastos sociais. Bens preferentes e equidade categórica. Gasto público en sanidade. Gasto público en educación. Gasto público en vivenda.

Tema 31. Gasto público no Estado do benestar (II). Prestacións económicas: concepto, tipos e xustificación. Sistema de pensións: deseño e efectos económicos. O seguro de desemprego. Os programas de loita contra a pobreza.

Tema 32. Os ingresos públicos. Criterios de clasificación. Os prezos e a empresa pública. Prezos públicos e taxas. As contribucións especiais. O imposto, concepto e distincións. Distintos tipos de impostos. Os elementos integrantes dos impostos.

Tema 33. Os principios impositivos. Os principios do beneficio e da capacidade de pagamento. A incidencia impositiva. Os sistemas fiscais. As principais figuras impositivas. Os condicionantes da estrutura tributaria. Evolución e modelos internacionais.

Tema 34. Os custos da imposición. Custos de eficiencia. Exceso de gravame e imposición óptima. Custos de recadación. A fraude fiscal: conceptos, efectos e condicionantes.

Tema 35. Imposición sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Evolución. Concepto fiscal de renda. A consideración das distintas fontes. As rendas irregulares e as variacións patrimoniais. As rendas empresariais. As exencións e os gastos deducibles. A unidade contribuínte: problemas de delimitación e alternativas no seu tratamento. As tarifas e os seus problemas. A autoliquidación. Efectos económicos e valoración actual.

Tema 36. Imposición sobre sociedades: concepto e características. Xustificación. Base impoñible: problemas e alternativas de determinación. Tipos de gravame e beneficios fiscais. A incidencia do imposto. A integración coa imposición sobre a renda das persoas físicas.

Tema 37. A imposición xeral sobre as vendas. Concepto e clasificación. A imposición sobre o valor engadido: tipoloxía e problemas. Incidencia e valoración.

Tema 38. A imposición sobre consumos específicos. Razóns xustificativas. Evolución e figuras actuais. Incidencia e efectos económicos. Cota fixa versus imposición ad valorem. A imposición sobre o comercio exterior.

Tema 39. Tendencias dos modelos tributarios. As críticas aos modelos vixentes. As novas figuras impositivas: os impostos de ordenación, os impostos ecolóxicos e a taxa sobre transaccións financeiras. As propostas de reformas fiscais.

Tema 40. O déficit público e a facenda extraordinaria. Definicións e instrumentos de financiamento. A débeda pública: concepto, clases e efectos económicos, a carga da débeda. As privatizacións de activos públicos. A inflación como imposto. Os efectos económicos do déficit: expansión e efecto expulsión.

Tema 41. A facenda multinivel. Principios do federalismo fiscal. Distribución de competencias e modelos de financiamento. As subvencións intergobernamentais. A facenda internacional: a dobre imposición internacional; a harmonización fiscal.

Tema 42. Planificación fiscal individual e empresarial. Métodos para a análise da planificación fiscal: concepto de custo de uso, tipos marxinais efectivos e cálculo de taxas internas de retorno axustadas por impostos. Concepto de tipo impositivo anual equivalente. Aplicacións a instrumentos de aforro a curto e longo prazo.

– Sistema financeiro español.

Tema 43. A estrutura do sistema financeiro español. A autoridade monetaria. Intermediarios financeiros. Mercados financeiros.

Tema 44. Banco de España. Órganos reitores. Funcións. Supervisión prudencial das entidades de crédito. Execución da política monetaria. O sistema europeo de bancos centrais e o Banco Central Europeo.

Tema 45. Entidades de crédito. Os bancos. As caixas de aforro. Órganos de goberno. Competencias das comunidades autónomas. As fundacións bancarias. As cooperativas de crédito. As entidades de diñeiro electrónico.

Tema 46. O sector asegurador. Competencias da comunidade autónoma en materia de seguros. Condicións para o acceso e para o exercicio da actividade aseguradora. O Consorcio de Compensación de Seguros. Protección do asegurado.

Tema 47. A débeda pública nas administracións territoriais. Os fondos especiais de financiamento das administracións públicas. Limitacións no acceso ao endebedamento do sector público autonómico galego. A tutela financeira sobre as corporacións locais galegas.

– Dereito tributario.

Tema 48. O dereito tributario: concepto e contido. As fontes do dereito tributario. Administración tributaria. As obrigas e deberes da Administración tributaria. Os principios do ordenamento tributario español.

Tema 49. A aplicación e a interpretación das normas tributarias. Ámbito temporal e criterios de suxeición ás normas tributarias. Interpretación e cualificación. A integración das normas tributarias: analoxía, simulación e conflito na aplicación da norma tributaria.

Tema 50. Os tributos. Concepto, fins e clases de tributos. A relación xurídico-tributaria. As obrigas tributarias: a obriga tributaria principal, a obriga tributaria de realizar pagamentos á conta, as obrigas entre particulares, as obrigas tributarias accesorias, as obrigacións tributarias formais e as obrigas tributarias no marco da asistencia mutua.

Tema 51. Os obrigados tributarios: clases. Dereitos e garantías. Os suxeitos pasivos. O contribuínte e o seu substituto. Exencións subxectivas. A capacidade de obrar na orde tributaria. Representación. Residencia e domicilio fiscal.

Tema 52. Os responsables tributarios. A responsabilidade tributaria. Responsables solidarios e subsidiarios. Os sucesores. Retedores e obrigados a ingresar á conta. Outros obrigados tributarios.

Tema 53. Os elementos de cuantificación da obriga tributaria. A base impoñible: concepto e métodos de determinación. A base liquidable. O tipo de gravame. A cota tributaria. A débeda tributaria: concepto. Garantías da débeda tributaria.

Tema 54. A aplicación dos tributos (I). Concepto e órganos competentes. A información e asistencia aos obrigados tributarios. A consulta tributaria. Información con carácter previo á adquisición ou transmisión de bens inmobles. O número de identificación fiscal. A xestión censual. Colaboración social na aplicación dos tributos. A asistencia mutua: concepto. Carácter reservado dos datos con transcendencia tributaria.

Tema 55. A aplicación dos tributos (II). Os procedementos administrativos en materia tributaria: fases. Obriga de resolución e prazos de resolución. A proba. Notificacións. A denuncia pública. As liquidacións tributarias.

Tema 56. Actuacións e procedemento de xestión tributaria (I). Funcións de xestión tributaria. Declaracións. Autoliquidacións. Comunicacións de datos. Procedemento de devolución iniciado mediante autoliquidación, solicitude ou comunicación de datos. Procedemento iniciado mediante declaración.

Tema 57. Actuacións e procedemento de xestión tributaria (II). Procedemento de comprobación de valores. Procedemento de verificación de datos. Procedemento de comprobación limitada. Outros procedementos de xestión tributaria.

Tema 58. A recadación (I). Órganos de recadación: organización da xestión recadadora da Xunta de Galicia. Extinción das débedas: o pagamento. Prescrición. Insolvencias. Aprazamentos e fraccionamentos. Garantías para o aprazamento e o fraccionamento. O procedemento de compensación. A compensación de oficio de débedas de entidades públicas. O procedemento de dedución.

Tema 59. A recadación (II). A recadación en período executivo. O procedemento de constrinximento: concepto. Concorrencia de procedementos. Suspensión. Embargo e alleamento de bens e dereitos. O procedemento fronte a responsables e sucesores. Privilexios para o cobramento de débedas tributarias: a facenda pública e os procesos concursais. As terzarías.

Tema 60. A inspección dos tributos: órganos, funcións, facultades e deberes. Tipos de actuacións. Documentación das actuacións da inspección. Procedemento de inspección: normas xerais. Iniciación e desenvolvemento. Terminación das actuacións inspectoras. Disposicións especiais.

Tema 61. A potestade sancionadora en materia tributaria (I). Principios. Os suxeitos responsables das infraccións e sancións tributarias. Concepto e clases de infraccións e sancións tributarias. Cuantificación das sancións. Extinción da responsabilidade derivada das infraccións tributarias e extinción das sancións tributarias.

Tema 62. A potestade sancionadora en materia tributaria (II). Procedemento sancionador en materia tributaria: iniciación, instrución e terminación. Tramitación conxunta. Tramitación separada.

Tema 63. Delitos contra a facenda pública. Descrición dos tipos penais contra a facenda pública. A responsabilidade civil. Actuacións e procedementos de aplicación dos tributos en supostos de delito contra a Facenda pública. O procedemento de recuperación de axudas de Estado.

Tema 64. Revisión de actos en vía administrativa. Normas comúns. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas: ámbito de aplicación, organización e competencias. A Xunta Superior de Facenda.

Tema 65. As reclamacións económico-administrativas: os interesados no procedemento. A suspensión. O procedemento xeral: procedemento en única ou primeira instancia, recursos en vía económico-administrativa, procedemento abreviado.

Tema 66. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Suxeición ao imposto: aspectos materiais, persoais e temporais. Determinación da capacidade económica sometida a gravame: rendementos e ganancias e perdas patrimoniais. Regras especiais de valoración. Clases de rendas. Integración e compensación de rendas.

Tema 67. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II). Base impoñible e liquidable. Reducións. Adecuación do imposto ás circunstancias persoais e familiares do contribuínte. Cálculo do imposto estatal. Gravame autonómico. Cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Gestión do imposto: declaracións, pagamentos á conta e obrigas formais.

Tema 68. O imposto sobre a renda de non residentes: natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Elementos persoais. Suxeición ao imposto. Rendas obtidas mediante establecemento permanente. Rendas obtidas sen mediación de establecemento permanente. Gravame especial sobre bens inmobles de entidades non residentes.

Tema 69. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible e bens exentos. Suxeito pasivo. Base impoñible e liquidable. Devindicación. A débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 70. O imposto sobre sociedades (I): natureza e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Contribuíntes. Exencións. Base impoñible. Período impositivo e devindicación do imposto.

Tema 71. O imposto sobre sociedades (II). Débeda tributaria: tipos de gravame, cota íntegra, bonificacións, deducións, retencións, devolucións e pagamentos á conta. Réximes especiais. Xestión do imposto.

Tema 72. O imposto sobre sucesións e doazóns (I). Feito impoñible: presuncións. Suxeito pasivo e responsables. Base impoñible. A base liquidable. A tarifa. A débeda tributaria. Devindicación e prescrición.

Tema 73. O imposto sobre sucesións e doazóns (II). Normas especiais sobre o dereito de usufruto, uso, habitación, substitucións, fideicomisos, reservas, particións e excesos de adxudicación, repudiación, renuncia e doazóns. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 74. O imposto sobre o valor engadido (I). Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Breve referencia ás exencións. Deslindamento do IVE co imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Lugar de realización do feito impoñible. Devindicación do imposto. Suxeitos pasivos e responsables. Repercusións.

Tema 75. O imposto sobre o valor engadido (II). A base impoñible. A débeda tributaria: tipos impositivos. Deducións. Devolucións. Réximes especiais. Xestión.

Tema 76. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I). Natureza e contido. Ámbito de aplicación territorial. Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e cota tributaria. Regras especiais sobre determinados bens e dereitos. Tributación das operacións societarias: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e cota tributaria.

Tema 77. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (II). Actos xurídicos documentados: principios xerais e tributación dos documentos administrativos, mercantís e notariais. Disposicións comúns: beneficios fiscais, comprobación de valores, devindicación, prescrición, obrigas formais, xestión e devolución.

Tema 78. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación: disposicións comúns e principais normas reguladoras. Os distintos impostos especiais de fabricación: estrutura básica. Tipos estatal e autonómico do imposto sobre hidrocarburos. O imposto especial sobre determinados medios de transporte. Os impostos especiais sobre o carbón e sobre a electricidade. O imposto sobre as primas de seguros. Os impostos ambientais estatais.

Tema 79. A tributación sobre o xogo. Tributos cedidos: taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias. Taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar. Imposto sobre actividades do xogo.

Tema 80. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia: o imposto sobre contaminación atmosférica. O imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada. O canon da auga e o coeficiente de vertedura. O canon eólico. O imposto compensatorio ambiental mineiro.

Tema 81. As taxas e prezos públicos: normativa estatal. A lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia: instrumentos financeiros e reguladores. Taxas e prezos: elementos esenciais; aplicación de taxas e prezos.

Tema 82. O financiamento das comunidades autónomas. Principios. Sistemas de financiamento das comunidades autónomas de réxime común. Réxime da cesión de tributos. Órganos e formas de relación entre o Estado e as comunidades autónomas.

Tema 83. Financiamento das facendas locais. Recursos das facendas locais. Recursos dos municipios. Os impostos municipais. Recursos das provincias e outras entidades locais.

– Dereito orzamentario.

Tema 84. O dereito financeiro. Concepto, autonomía e contido. Os principios constitucionais do dereito financeiro. A facenda pública na Constitución española.

Tema 85. O dereito orzamentario: concepto e contido. A lei de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira de Galicia. A lexislación financeira da Comunidade Autónoma de Galicia. A facenda autonómica: ámbito de aplicación, dereitos e obrigas da Comunidade Autónoma.

Tema 86. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (I). Concepto e contido. Clasificacións orzamentarias de ingresos e gastos. Elaboración e aprobación.

Tema 87. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (II). As modificacións orzamentarias. Tipoloxía, requisitos e competencias para a súa autorización. O control das modificacións orzamentarias. Liquidación dos orzamentos.

Tema 88. O gasto público: concepto. Principios constitucionais. Procedemento de execución do gasto público.

Tema 89. Os fondos europeos. A política agrícola común da Unión Europea: axudas directas e programas de desenvolvemento rural. Os fondos estruturais e iniciativas comunitarias. Os instrumentos financeiros.

Tema 90. A xestión do gasto (I). Xestión de gastos de persoal. Retribucións dos empregados públicos. A seguridade social dos empregados públicos. A xestión dos gastos de clases pasivas.

Tema 91. A xestión do gasto (II). A xestión de gastos contractuais. O nacemento das obrigas contractuais. O cumprimento dos contratos. O recoñecemento da obriga. Xustificación. A extinción da obriga contractual. As obrigas de exercicios futuros.

Tema 92. A xestión do gasto (III). A xestión de gastos de transferencias. As subvencións: concepto, natureza e clasificación. O procedemento de concesión e pagamento. Xustificación. Reintegro. Infraccións administrativas en materia de subvencións. O delito subvencional.

Tema 93. A Tesouraría da Comunidade Autónoma: funcións e competencias. A xestión de pagamentos. Pagamentos a xustificar e anticipos de caixa fixa. Réxime xurídico do endebedamento do sector público e dos avais da comunidade autónoma.

Tema 94. O dereito da contabilidade pública. O Plan xeral de contabilidade pública de Galicia. Principios contables, contas anuais e normas de valoración. A conta xeral da comunidade autónoma. Formación e remisión. Documentos e estados que a integran. Exame, comprobación e aprobación. As contas económicas do sector público. O Sistema Europeo de Contas (SEC 2010).

Tema 95. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (I): concepto de control. Clases de control. Natureza, fundamento e ámbito de aplicación do control. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma: organización e funcións.

Tema 96. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (II). O control previo de legalidade. Concepto, regulación e principios xerais. Control previo de legalidade de ingresos. Control previo de legalidade de gastos e pagamentos. Diferentes momentos do exercicio. A omisión da intervención. O control financeiro. Concepto. Regulación e principios xerais. Clases de control financeiro. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro.

Tema 97. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (III). O control dos ingresos públicos. Control previo e control posterior. Control de legalidade de gastos e pagamentos. Control previo e control posterior.

Tema 98. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (IV). A auditoría do sector público. O control dos entes instrumentais.

Tema 99. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (V). A auditoría dos fondos estruturais e de investimento europeos (FEIE). Normativa reguladora. A actividade auditora: programas de traballo e plans de control. A auditoría dos fondos estruturais e de investimento europeos (FEIE). Control do Feder. Control do FSE. Control de FEMP. Outros fondos.

Tema 100. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (VI). As normas de auditoría do sector público e normas técnicas. Especialidades en relación ás técnicas de control. Fiscalización por mostraxe. Os instrumentos de control e as novas tecnoloxías.

Tema 101. O control externo da actividade económico-financeira do sector público (I). O control parlamentario. O control do Tribunal de Contas e do Consello de Contas. O Consello de Contas: competencias e funcións. A función fiscalizadora e a función de prevención da corrupción. A función xurisdicional do Tribunal de Contas. Réxime de responsabilidade na xestión financeira pública. Os procedementos para a exixencia de responsabilidade contable.

ANEXO II

Dª/D..., con domicilio en..., e con DNI/pasaporte... declara, para efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, que non foi despedida/o nin separada/o mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se atopa en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso á dita escala.

..., ... de... de 201...

ANEXO III

Dª/D..., con domicilio en..., e con DNI/pasaporte... declara, para os efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, que non se atopa inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de..., nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

(país e localidade)..., ... de... 201...