Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14058

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4062/2017).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 4062/2017-PM

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 44/2013. Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mercedes Arosa Sanmartín, empresa José Ríos Palmas, Juan Ignacio Míguez Marcote, Beatriz Míguez Marcote

Avogada: Lucía López Bernardo

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4062/2017 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mercedes Arosa Sanmartín, empresa José Ríos Palmas, Juan Ignacio Míguez Marcote e Beatriz Míguez Marcote, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que, con desestimación do recurso interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, confirmamos a sentenza que con data do 10 de xullo de 2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo por instancia de Mercedes Arosa Sanmartín e pola que se acolleu a demanda formulada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa José Ríos Palmas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza