En sesión que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2018, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2018 (DOG núm. 26, de 6 de febreiro) pola que se nomea o tribunal de selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico,
ACORDOU:
Aprobar e facer públicas as listas definitivas de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, coas puntuacións provisionais de méritos dos aspirantes admitidos. Estas listas publicaranse na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no taboleiro de anuncios.
De acordo co disposto na base 6.2. da convocatoria, os/as aspirantes admitidos/as disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para faceren as alegacións que xulguen oportunas con respecto á valoración provisional de méritos.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018
María Isabel Barros Pena
Presidenta do tribunal