Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14290

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación da obra de construción dun edificio complementario do centro de día e fogar residencial de Cerdedo, no concello de Cerdedo-Cotobade (contratación documentalmente simplificada).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/OBR/001/18.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: contratación dunha construción dun edificio complementario do centro de día e fogar residencial de Cerdedo, no concello de Cerdedo-Cotobade.

a) Lugar de execución: Cerdedo-Cotobade.

b) Prazo de execución: 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 1.545.454,54 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento da adxudicación excluído IVE).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono de información: 881 99 64 08.

e) Telefax: 881 99 64 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org.

7. Requisitos específicos do/a contratista:

a) Clasificación: grupo C, subgrupos 2 e 4, categoría E (categoría equivalente 4).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares; deberá figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratarse de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase no exterior do sobre A, o número do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver o prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 13 de abril de 2018, ás 10.00 horas, e a do sobre C na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Subcontratación:

a) As prestacións parciais que poderá subcontratar o adxudicatario non excederán o 60 % do importe de adxudicación.

b) Deberase notificar ao Consorcio a identidade das subcontratas que participen no contrato, así como o xustificante de cumprimento dos pagamentos que se lles farán nos prazos legalmente dispostos.

11. Outras informacións:

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil do contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. En caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.

12. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2018

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar