Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14286

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración sucesiva do material para a inxección de dose de radiofármacos e cesión do uso, incluído o mantemento, do equipamento necesario para a súa realización (expediente MS-GLR1-18-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento Económico-Administrativo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo Sergas, San Lázaro, s/n, 3º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 981 57 76 50.

5º. Telefax: 981 57 78 43.

6º. Correo electrónico: odilo.garcia.rivela@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: MS-GLR1-18-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: contratación da subministración sucesiva do material para a inxección de dose de radiofármacos e cesión do uso, incluído o mantemento, do equipamento necesario para a súa realización.

c) División por lotes/partidas e número deles/as: non.

d) Prazo de execución: 2 anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33140000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: véxase o punto 9.1 da folla de especificacións do prego cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 346.353,28 €, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 173.176,64 €.

b) Orzamento con IVE: 209.543,73 €.

6. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: véxase o punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: véxase o punto 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día que se sinale no perfil do contratante.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Edificio Administrativo Sergas, 3º andar, San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

f) Admisión de variantes: non se admiten.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: segundo o contemplado no artigo 161 do TRLCSP.

h) Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: no lugar, día e hora que se estableza no perfil do contratante www.sergas.es.

b) Dirección: Edificio Administrativo SERGAS, San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: –.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Consello de Administración de Galaria Empresa Pública
de Servizos Sanitarios, S.A.