Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14294

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca a contratación da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco, cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material para os laboratorios desta sociedade, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada (expediente XF 2/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xenética Fontao, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xenética Fontao, S.A.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación de subministración sucesiva e por prezos unitarios, mediante acordo marco, cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material para os laboratorios da sociedade mercantil pública Xenética Fontao, S.A., por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) División por lotes e número: si/1.

Lote 1: kits de extracción, amplificación e outros produtos para análise de microsatélites e SNPS e outras técnicas do ADN.

d) Lugar de entrega: Xenética Fontao, S.A., Fontao, Esperante, 27210 Lugo.

e) Prazo de execución: o período de execución dos contratos que se formalicen baseados nos acordos marco, non poderá exceder –individual ou conxuntamente– do prazo de duración destes.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 33000000.

h) Acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.771.438,96 €. IVE (21 %): 372.001,76 €. Importe total: 2.143.438,72 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 2.125.724,35 euros (sen IVE), incluídas posibles modificacións.

5. Financiamento: Xenética Fontao, S.A.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación de cada lote (IVE excluído).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xenética Fontao, S.A.

b) Domicilio: Fontao, Esperante, 27210 Lugo.

c) Teléfonos: 982 28 43 91.

d) Telefax: 982 28 46 26.

e) Enderezo da internet: administracion@xeneticafontao.com

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet nos enderezos:

http://www.xeneticafontao.com/esp/perfil.php

www.contratosdegalicia.es

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 27 de abril de 2018.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será na sociedade mercantil pública Xenética Fontao, S.A., Fontao, Esperante, 27210 Lugo, nas condicións establecidas na clausula C da folla de especificacións.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Xenética Fontao, S.A., Fontao, Esperante.

b) Localidade e código postal: 27210 Lugo.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, as 12.00 horas do 22 de maio de 2018.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: penalizacións por incumprimento dos prazos de entrega e por cumprimento defectuoso (cláusula W da carátula).

14. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de setembro de 2017.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018

Belén Mª do Campo Piñeiro
Presidenta da sociedade mercantil pública Xenética Fontao, S.A.