Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamento para a mellora do sistema de videoconferencia para a Administración de xustiza en Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente AMT-2018-0036).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0036.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación da subministración do equipamento hardware e software necesario para a ampliación de capacidade e mellora de funcionalidades do sistema de videoconferencia da Administración de Xustiza de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de 5 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 250.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 250.000,00 € máis 52.500,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 302.500,00 €.

Cofinanciado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático 2: Mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso a estas.

Prioridade do investimento 2.3: O reforzo das aplicacións das TIC para a administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica.

Obxectivo específico 2.3.2: Reforzar o e-gobierno, e-cultura e a confianza dixital, liña de actuación 55: Plan e-xustiza, actuación 2.3.2.2: Xustiza Dixital. Operación: Administración e Expediente Xudicial Electrónicos (I).

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=285824

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 11.4.2018, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 2.3.2018.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia