Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo da unidade de atención a centros do ámbito educativo da Xunta de Galicia, 2 lotes (expediente AMT-2018-0028).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0028.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a contratación do servizo para a atención aos usuarios dos sistemas de información a través da Unidade de Atención a Centros (UAC) do ámbito educativo da Xunta de Galicia.

O contrato divídese en dous lotes:

• Lote 1: servizo de atención remota aos usuarios de sistemas da información e servizos baseados en TIC do ámbito educativo.

• Lote 2: servizo de atención e soporte in situ aos usuarios de sistemas de información e servizos baseados en TIC do ámbito educativo.

b) División por lotes e número: si, 2.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 24 meses contados a partir do 1.9.2018. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Valor estimado: 5.132.231,43 € (sen IVE), distribuído segundo os lotes:

• Lote 1: 3.123.966,96 €.

• Lote 2: 2.008.264,47 €.

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.710.743,81 € , máis 359.256,19 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.070.000,00 € (dous millóns setenta mil euros), que se distribúe nas seguintes anualidades segundo os lotes:

• Lote 1: servizo de atención remota:

– 2018: 173.553,72 € + IVE (36.446,28 €) = 210.000,00 €.

– 2019: 520.661,16 € + IVE (109.338,84 €) = 630.000,00 €.

– 2020: 347.107,44 € + IVE (72.892,56 €) = 420.000,00 €.

Total: 1.041.322,32 € + IVE (218.677,68 €) = 1.260.000,00 €.

• Lote 2: servizo de atención e soporte in situ:

– 2018: 107.438,02 € + IVE (22.561,98 €) = 130.000,00 €.

– 2019: 347.107,44 € + IVE (72.892,56 €) = 420.000,00 €.

– 2020: 214.876,03 € + IVE (45.123,97 €) = 260.000,00 €.

Total: 669.421,49 € + IVE (140.578,51 €) = 810.000,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=285812

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 11.4.2018, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 2.3.2018.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia