Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria, do contrato de servizo para a redacción do estudo informativo e impacto ambiental e proxecto de construción da actualización da VAC da Costa Norte. Treito: AG-64 (San Sadurniño)-Sanguiñeira, e redacción do estudo informativo e estudo de impacto ambiental da nova ponte sobre a ría de Viveiro e conexión da VAC Costa Norte coa LU-540, de clave GA/18/029.01. AT/005/2018.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: + 981 54 45 16.

5º. Telefax: + 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283421

7º. Data límite de obtención da documentación e información: 26 de abril de 2018.

d) Número de expediente: GA/18/029.01 (AT/005/2018).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo para a redacción do estudo informativo e impacto ambiental e proxecto de construción da actualización da VAC da Costa Norte. Treito: AG-64 (San Sadurniño)-Sanguiñeira, e redacción do estudo informativo e estudo de impacto ambiental da nova ponte sobre a ría de Viveiro e conexión da VAC Costa Norte coa LU-540.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Localidade e código postal: provincias da Coruña e Lugo.

e) Prazo de execución: 24 meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71311210-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 360.133,67 €, sen IVE. IVE 75.628,07 €. Importe total: 435.761,74 €.

b) Cantidade ou extensión global do contrato (incluídos todos os lotes, renovacións e opcións, de ser o caso): 360.133,67 €, IVE excluído.

5. Garantías exixidas:

Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación (sen IVE).

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación de ofertas: 26 de abril de 2018.

b) Modalidade de presentación:

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda . Edificio Administrativo San Caetano.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: perfil do contratante www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283421 con dous días hábiles de antelación á realización do acto público.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de marzo de 2018.

11. Outras informacións:

a) Idioma (s): galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

b) Modalidades básicas de financiamento ou de pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: segundo o establecido na cláusula 5.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Forma xurídica para agrupacións de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

d) Información complementaria. Tipo de poder adxudicador: Administración rexional. Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

e) A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A), segundo se especifica no 3.6 Constitución e funcionamento da mesa do prego de cláusulas administrativas particulares.

A apertura do sobre B (oferta técnica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283421, con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público.

A apertura do sobre C (proposición económica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283421, con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283421.

No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas