O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por persoal funcionario público docente que imparte ensinanzas de niveis non universitarios, prevé no seu artigo 3.2 que nos convenios que a Administración educativa estableza con outras administracións públicas, universidades, institucións, entidades ou empresas públicas ou privadas sen ánimo de lucro, para realizar actividades educativas, para o desenvolvemento de programas, unidades ou centros, poderá, de ser o caso, determinarse o sistema de cobertura de prazas que poidan resultar necesarias para o cumprimento deles. A provisión das prazas que deberá cubrir a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria realizarase a través dun concurso específico de méritos para a súa provisión mediante nomeamento temporal, con reserva do posto de traballo de orixe, polo período de tempo que se estableza na correspondente convocatoria, que en ningún caso poderá exceder os seis anos.
Así mesmo, o artigo 5 do dito decreto establece que se poden cubrir por este mesmo procedemento aquelas prazas que favorezan a elaboración de proxectos, innovacións curriculares ou metodolóxicas, entre as cales existen prazas de recente implantación ou de difícil cobertura polo procedemento ordinario.
Ao ser necesaria a provisión de distintas prazas por mor dos diversos convenios entre a Administración educativa e distintas institucións ou entidades a que se refire o citado artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, e outras incluídas no artigo 5 do dito decreto, e tendo en conta a habilitación que figura na disposición derradeira primeira do mesmo decreto, que autoriza o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións que sexan precisas para a súa aplicación e desenvolvemento,
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Artigo 1. Obxecto
Convocar un concurso público de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para adxudicar en comisión de servizos as prazas que figuran no anexo I desta orde.
Artigo 2. Participantes e requisitos
Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que estea en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia no curso académico 2017/18 e que estea en posesión do título de perfeccionamento en lingua galega ou do certificado de lingua galega (Celga 4) ou certificación ou validación equivalente.
Enténdese tamén en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia en 31 de agosto de 2018 aquel persoal docente que desde un destino definitivo da Comunidade Autónoma de Galicia accedeu a un posto docente no estranxeiro e que se debe reincorporar obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.
Artigo 3. Lugar e prazo de presentación
O prazo para presentar solicitudes para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderanse presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a solicitude sexa selada e datada polo persoal funcionario antes de ser certificada.
Logo de rematado o prazo de presentación de solicitudes e demais documentación, non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas. Non obstante o anterior, admitirase a renuncia á participación no concurso de méritos específico dentro do prazo de reclamacións á resolución provisional establecido no punto 4 do artigo 6, entendendo que tal renuncia afecta todas as peticións formuladas.
Artigo 4. Solicitudes e documentación
Aínda que concurse a máis dunha praza, o persoal concursante presentará unha única solicitude axustada ao modelo que figura como anexo III, coa cal achegará cuberta a folla de autobaremación que figura como anexo IV e a documentación que se indica no baremo que figura como anexo II para a acreditación dos méritos que alegue.
Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos dos méritos alegados que xa figuren no seu expediente persoal na aplicación informática www.edu.xunta.es/datospersoais
No caso de que o persoal participante posúa méritos que non consten no seu expediente ou que sexan incorrectos, deberá xerar unha nova instancia na aplicación
www.edu.xunta.es/datospersoais e, xunto cunha copia compulsada dos méritos alegados, achegala coa solicitude de participación neste concurso específico.
As persoas concursantes presentarán ademais un proxecto de traballo por cada posto que soliciten, que versará sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes a cada posto, tendo en conta as características destes, cunha extensión máxima de 20 folios por proxecto.
Artigo 5. Comisión de selección
1. A selección das persoas aspirantes será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:
Presidente: o director xeral de Centros e Recursos Humanos ou persoa en quen delegue.
Vogais: ata un máximo de catro vogais, entre persoal funcionario de carreira que ocupe postos de subdirección xeral ou xefatura de servizo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou membros da inspección educativa, e o director da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ou persoa en quen delegue.
Unha persoa funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario ou secretaria con voz e sen voto.
A comisión de selección poderá solicitar a incorporación aos seus traballos de persoas expertas, que se limitarán a prestar a súa colaboración. Ademais, poderá asistir unha persoa representante de cada organización sindical con presenza na Mesa Sectorial Docente non universitaria, con voz e sen voto.
2. A comisión poderá dispor a constitución de subcomisións técnicas para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coide pertinentes. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá nomear unha persoa representante, con voz e sen voto, para a asistencia ás sesións das subcomisións.
3. Para a valoración dos números 1, 2, 3.1 e 3.2 do baremo establecido no anexo II, a comisión de selección poderá delegar esta función nunha subcomisión formada por persoal funcionario da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
4. Os membros da comisión e, de ser o caso, da subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, corrección de erros do 1 de xuño), que están cualificadas na categoría primeira.
Artigo 6. Procedemento de selección e proposta de nomeamento
1. Todo o persoal aspirante que obteña unha puntuación mínima de 4 puntos no/s proxecto/s poderá ser convocado pola comisión de selección a realizar unha entrevista para mellor apreciar as circunstancias que concorren neles e que versará sobre o/s proxecto/s presentado/s.
2. O persoal aspirante que non acade unha puntuación mínima de 4 puntos no correspondente proxecto e de 4 puntos na entrevista, no caso de ter lugar, non poderá ser proposto pola comisión. Será seleccionado o persoal aspirante que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, acade as maiores puntuacións no total dos puntos recollidos no baremo establecido no anexo II para a praza que solicita.
3. No caso de se produciren empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos números 1, 3.3, 3.1, 3.2 e 2.
4. Logo de realizada a valoración pola comisión, publicarase no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria www.edu.xunta.es a relación provisional de persoas admitidas co baremo provisional dos méritos, e a relación provisional de persoas excluídas con indicación da causa da súa exclusión. Contra a relación provisional de persoas admitidas co baremo provisional e a relación provisional de persoas excluídas, as persoas interesadas poderán formular as reclamacións que consideren, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación, e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As alegacións así formuladas deberanse remitir tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es. As reclamacións entenderanse resoltas e notificadas mediante a publicación da resolución definitiva.
5. Rematado o prazo de reclamacións previsto no número anterior e revisadas as presentadas polas persoas interesadas, a comisión de selección emitirá unha proposta de nomeamento dirixida ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Artigo 7. Resolución da convocatoria
A resolución da convocatoria ditaraa o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e publicarase no Diario Oficial de Galicia e por ela entenderanse notificadas, para todos os efectos, as persoas concursantes ás cales afecte.
Contra a resolución da convocatoria, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Artigo 8. Toma de posesión
As persoas seleccionadas deberanse incorporar ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2018 e cesarán no seu destino de procedencia en 31 de agosto do mesmo ano.
As prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos, por un período dun ano e ata un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo.
Disposición derradeira primeira
Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.
Disposición derradeira segunda
1. Os requisitos para participar nesta convocatoria e os méritos que aleguen as persoas solicitantes deberán estar referidos á data de finalización do prazo de solicitudes.
2. Todos os méritos que consten no expediente do persoal participante non terán que xustificalos.
3. No que atinxe á antigüidade, non se computarán as fraccións inferiores a un ano.
4. A titulación de grao valorarase como unha titulación de segundo ciclo sempre e cando non sexa a alegada para o ingreso non corpo.
5. As actividades de formación do profesorado a partir do 23 de maio deberán cumprir co establecido na Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia (DOG nº 96, do 22 de maio).
Disposición derradeira terceira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Nº posto |
|||||
1 |
Escola de especialidades Antonio de Escaño-Ferrol (A Coruña) |
||||
Corpo |
Código |
Especialidade |
Código |
Nº prazas |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
Navegación e Instalacións Mariñas |
109 |
2 |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
Sistemas Electrónicos |
124 |
5 |
|
Profesores técnicos de formación profesional |
591 |
Equipos Electrónicos |
202 |
2 |
|
Profesores técnicos de formación profesional |
591 |
Máquinas, Servizos e Produción |
210 |
3 |
Nº posto |
|||||
2 |
Escola de especialidades fundamentais da Estación Naval da Graña-Ferrol (A Coruña) |
||||
Corpo |
Código |
Especialidade |
Código |
Nº prazas |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
Administración de Empresas |
101 |
2 |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
Hostalaría e Turismo |
106 |
1 |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
Navegación e Instalacións Mariñas |
109 |
2 |
|
Profesores técnicos de formación profesional |
591 |
Cociña e Pastelaría |
201 |
2 |
|
Profesores técnicos de formación profesional |
591 |
Procesos Comerciais |
221 |
1 |
Nº posto |
|||||
3 |
Convenio: Consellería de Economía, Emprego e Industria |
||||
Destino: Centro Integrado de Formación Profesional de Coia-Vigo |
|||||
Corpo |
Código |
Especialidade |
Código |
Nº prazas |
|
Profesores de ensino secundario |
590 |
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica |
112 |
2 |
|
Profesores técnicos de formación profesional |
591 |
Mecanizado e Mantemento de Máquinas |
211 |
1 |
|
Profesores técnicos de formación profesional |
591 |
Instalacións Electrotécnicas |
206 |
1 |
Nº posto |
||
4 |
Denominación das prazas: asesor/a Abalar de zona: apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar |
|
Destino |
Amtega. Situados fisicamente en: Ferrol, Allariz, O Barco de Valdeorras e Tui |
|
Prazas |
4 prazas |
|
Funcións |
A función principal é o apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar. Entre estas cabe destacar: Soporte in situ, asesoramento e formación na instalación e utilización dos servizos educativos que se lles ofertan aos centros educativos. Soporte técnico in situ á infraestrutura informática e de comunicacións. Apoio e atención aos centros docentes da súa zona con relación a calquera aplicación ou sistema informático corporativo implantado ou que se vaia implantar neses centros. Asesoramento sobre as necesidades de formación do persoal dos centros docentes en relación cos servizos educativos ofertados. |
Nº posto |
||
4 |
Denominación das prazas: asesor/a Abalar de zona: apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar |
|
Requisitos |
Coñecemento da realidade educativa, social e tecnolóxica dos centros educativos da zona de influencia da asesoría. Coñecemento dos programas, plans e actuacións no ámbito das TIC nos centros educativos. Coñecementos pedagóxicos sobre o aproveitamento das TIC no ámbito educativo. Coñecemento das tecnoloxías da información e da comunicación a nivel usuario avanzado incluíndo, entre outros, a capacidade de instalar e configurar equipamentos informáticos en rede e os seus dispositivos periféricos. Experiencia en traballo en equipo. |
Nº posto |
||
5 |
Denominación da praza: asesor/a Abalar XADE |
|
Destino |
Amtega. Santiago de Compostela |
|
Prazas |
1 praza |
|
Funcións |
A función principal é a dirección funcional do desenvolvemento do sistema de información corporativo de xestión administrativa da educación, destacando: Análise e deseño das necesidades e requirimentos do sistema corporativo para a xestión administrativa da educación. Asesoramento e formación de usuarios sobre o sistema de información corporativo para a xestión administrativa da educación. Asesoramento nas consultas, necesidades e incidencias relativas ao dito sistema. |
|
Requisitos |
Coñecementos da lexislación e normativa do sistema educativo galego. Coñecemento da realidade educativa e tecnolóxica dos centros educativos. Coñecemento das tecnoloxías da información e da comunicación a nivel usuario avanzado, incluíndo, en particular, as ferramentas informáticas para a xestión administrativa da educación (XADE). Experiencia en traballo en equipo. |
Nº posto |
||
6 |
Denominación das prazas: asesor/a Abalar desenvolvemento |
|
Destino |
Amtega. Santiago de Compostela |
|
Prazas |
2 prazas |
|
Funcións |
Análise e desenvolvemento de aplicacións web corporativas. Asesoramento e formación de usuarios sobre aplicacións web corporativas. |
|
Requisitos |
Experiencia en análise e programación de aplicacións web dinámicas. Experiencia en traballo en equipo. Coñecementos de programación en Java ou en PHP. Coñecementos de BD relacionais. |
Nº posto |
||
7 |
Programa específico: Consellería de Sanidade |
|
Destino |
7.1. Complexo Hospitalario de Pontevedra 7.2. Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol |
|
Prazas |
1 praza para mestres/as: Pontevedra 1 praza para mestres/as: Ferrol |
Nº posto |
||
7 |
Programa específico: Consellería de Sanidade |
|
Funcións |
Proseguir a formación dos/das nenos/as durante a permanencia no hospital, sen que a actividade docente cause prexuízos ao seu benestar e non obstaculice os tratamentos correspondentes. Manter hábitos de estudo. Coordinación cos centros educativos a que asisten normalmente. Estimular a actividade creativa para evitar o aburrimento. Dar un carácter positivo e contido formativo aos tempos libres e de lecer no hospital. |
|
Requisitos |
Persoal funcionario de carreira do corpo de mestres |
|
Observacións |
Horario adaptado ás necesidades do centro |
Nº posto |
||
8 |
IES de Sabón |
|
Destino |
IES de Sabón (Arteixo) |
|
Prazas |
1 praza para profesores técnicos de formación profesional, especialidade Cociña e Pastelaría. 1 praza para profesores técnicos de formación profesional, especialidade Servizos de Restauración. |
|
Funcións |
Impartir o módulo de FP básica |
|
Requisitos |
Profesor/a técnico/a de formación profesional coa especialidade sinalada |
Nº posto |
||
9 |
Convenio: ONCE |
|
Destino |
Centro base da ONCE: Lugo |
|
Prazas |
Lugo: 1 mestre/a |
|
Funcións |
Atención á educación integrada de invidentes e deficientes visuais, cunha intervención directa, presencial e personalizada co/a alumno/a. Atención á familia. Asesoramento ao profesorado da aula. Adaptación de materiais. |
|
Requisitos |
Dispoñibilidade de vehículo particular |
Nº posto |
||
10 |
Convenio: Coordinador/a escolarización poboación marxinada |
|
Destino |
Lugo |
|
Prazas |
1 praza para mestres/as |
|
Funcións |
Potenciar a integración escolar dos alumnos de poboacións marxinadas. Coordinación cos diferentes centros. Xestións entre as familias para conseguir a súa escolarización. Control do absentismo escolar. Potenciación do interculturalismo. |
|
Requisitos |
Persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que acredite experiencia en programas de integración de minorías, experiencia en educación compensatoria, e habilidades de comunicación con poboacións marxinadas. |