Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de modelos en vivo para a Facultade de Belas Artes desta universidade (expediente 304/18).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servicios Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 304/18.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de modelos en vivo para a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Facultade de Belas Artes-Pontevedra.

• Localidade e código postal: Pontevedra 36002.

d) Prazo de execución: vinte e catro meses a partir do 1 de xullo de 2018, ou desde o día seguinte a aquel en que se asine o contrato se esta última data é posterior. Non obstante, o contrato pode ser prorrogado anualmente por un máximo de dous anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 98300000-6 - Descrición: servizo de modelos en vivo.

g) CPA: 74.90.20 - Descrición: outros servizos profesionais, técnicos e empresariais n.c.n.p.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 15 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado del contrato: 273.600 euros.

5. Orzamento base de licitación: 38 euros/hora. Importe IVE: 7,98 euros.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 8.276,37 euros.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: a que se indica respectivamente nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 3.4.2018.

b) Modalidade de presentación: papel, dous sobres, A e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para o sobre C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente: 1.300 euros.

11. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22.2.2018.

Vigo, 28 de febreiro de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo