Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición de vehículo para a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (expediente 3/18).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais do Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 35 51.

5º. Telefax. 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 3/18.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: adquisición de vehículo para a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla.

2º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: tres (3) meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación CPV: 34100000-8 e CPA: 29.10.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 26.261,02 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 26.261,02 € + 5.514,81 € de IVE.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características (FRC).

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, dous sobres A e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

11. Outras informacións: convocatoria Infraestructuras e equipamento científico-técnico 2015. UNVI15-DE-3529. Fortalecemento dos servizos de acceso a ecosistemas mariños e os seus recursos. Data límite de execución: 31.12.2018.

Vigo, 1 de marzo de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo