Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-02-2017).

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Nº de expediente: OA-02-2017 (TEDEC:2017/C003/000002).

1.2. Obra incluída no POS + Adicional 1/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: mellora de vía con aglomerado asfáltico no polígono de Bergondo (concello de Bergondo).

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): dous (2).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación:

A: Valor estimado: 113.287,69 €;. B. IVE (21 %): 23.790,42 €;. Importe total: A+B: 137.078,11 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Estrada: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Correo electrónico: contratacion@bergondo.gal.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do texto refundido da Lei de contratos do sector público: grupo G; subgrupo 4; categoría 3.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de vinte e seis (26) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 12.1.2 do prego-tipo de claúsulas administrativas particulares que deberán de rexer para a contratación, mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP núm. 3, do 7.1.2016).

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2ª. Domicilio: estrada da Coruña, nº 12.

3ª. Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

9. Apertura das ofertas:

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante.

10. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.gal.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego-tipo e no cadro de características do contrato.

Bergondo, 28 de febreiro de 2018

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa