Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación dun servizo de elaboración de liñas base e maquetas de posto cliente. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-18-010).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.gal

d) Número de expediente: AB-SER1-18-010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de elaboración de liñas base e maquetas de posto cliente.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de prestación do servizo e metodoloxía de traballo para utilizar:

• Plan de prestación

• Metodoloxía de traballo para utilizar

0 - 45

0 - 30

0 - 15

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 55

Oferta económica

0 - 50

Valores e horario de prestación de servizo

0 - 5

4. Valor estimado do contrato: 104.400 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 52.200 euros. Importe total: 63.162 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Grupo V, subgrupo 2 ou 5 e categoría 1/A ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras e) e f) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos