Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación para o outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de varios espazos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, para a xestión, explotación e mantemento dun aparcadoiro subterráneo (expediente AB-EIO1-18-002).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: Hospital Santa María Nai, 3º andar. Rúa Ramón Puga, 56.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 38 57 02.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ver número 2.4.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Número do expediente: AB-EIO1-18-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: patrimonial de concesión da ocupación de dominio público.

b) Descrición: ocupación de varios espazos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para a xestión, explotación e mantemento dun aparcadoiro subterráneo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

e) Prazo de execución: ver número 2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 98351000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver número 6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento do contrato:

a) Canon mínimo de licitación: 900.000 euros.

b) Canon anual: 5.000 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: si, por importe de 47.250 euros.

b) Definitiva: si, por importe dun 5 % do canon adxudicado, así como unha garantía complementaria por importe dun 5 % do canon adxudicado.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver letras d) e e) da cláusula 6.5.2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do vixésimo día natural, contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo para a presentación de ofertas coincide en día inhábil (sábado, domingo ou festivo) na localidade establecida na cláusula 5.2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, dito prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver número 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Domicilio: Edificio Santa María Nai, 3º andar, rúa Ramón Puga, 56.

Localidade e código postal: Ourense 32005.

Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter súa oferta: ver número 5.5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas:

a) Descrición: ver número 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Dirección: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos, 5º andar do Edificio Cirúrxico do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e a hora de apertura do sobre B publicarase no perfil do contratante, www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver número 3.4.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Ourense, 22 de febreiro de 2018

Dionisio López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras