Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, da contratación da subministración, por lotes, da uniformidade para o persoal dos servizos centrais e periféricos deste ente público, non suxeita a regulación harmonizada (expediente 2/2018/CNTSU).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Explotación e Planificación.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: entidade pública Portos de Galicia. División de Contratación.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 881 99 52 70.

5º. Correo electrónico: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.gal.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o prego de prescricións técnicas particulares (PPTP), o cadro de características do contrato (CCC) e o prego específico de cláusulas administrativas particulares (PECAP), que se anexa ao dito CCC, poderán obterse no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=283104.

Neste perfil poderase facer o seguimento das diversas fases do procedemento de contratación.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 8.a) deste anuncio.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a subministración, en dous lotes, da uniformidade, tanto de inverno como de verán, do persoal de Portos de Galicia, coas especificacións técnicas recollidas no PPTP.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: o contrato divídese en dous lotes, descritos no PPTP. Lote nº 1: vestiario téxtil de verán e inverno e os complementos que compón a uniformidade. Lote nº 2: calzado de verán e inverno incluídos na uniformidade.

d) Lugar de execución/entrega: respecto ao lugar entrega dos bens subministrados aplicarase o disposto no número 20 do CCC e no PPTP.

e) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato é de dous (2) anos, contados desde o seguinte día hábil ao de formalización do contrato. En cantos aos prazos de entrega, aplicarase o disposto no número 6.2 do CCC.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

c) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos no número 14.1.A e no anexo III.A do CCC, que serán valorados segundo o disposto no anexo III.B do CCC.

4. Valor estimado do contrato: 98.315,50 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto total: 98.315,50 euros. Importe neto por lotes: Lote 1: 83.950,60 euros. Lote 2: 14.364,90 euros.

b) Importe total do IVE (21 %): 20.646,26 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación de cada lote, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica ou financeira e técnica e profesional: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia conforme o disposto no número 9.2 do CCC.

c) Outros requisitos de capacidade: os licitadores deberán cumprir todos os demais requisitos que, se é o caso, estean especificados tanto no PCAP como no PECAP e no PPTP.

d) Requisitos específicos que se lle exixirán ao adxudicatario: os recollidos no número 9.4 do CCC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro dos Servizos Centrais de Portos de Galicia.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme ao disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.4.1 do PCAP (teléfono: 881 95 00 95; fax: 981 54 53 24).

Respecto da posibilidade de presentación de ofertas a través do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, aplicarase o disposto na cláusula 4.4.1 do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.5 do PCAP e no número 12 do CCC.

d) As proposicións presentaranse en dous (2) sobres pechados (A e C), de acordo co disposto nos números 12 e 30.3.A do CCC. Deberá presentarse un sobre C, por cada lote a que se opte; nestes sobres C deberanse presentar, ademais da documentación requirida nos pregos, as mostras exixidas no PPTP.

e) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación.

f) Melloras: poderán ofertarse melloras sobre as condicións mínimas obrigatorias indicadas no PPTP, sempre que estas estean referidas a aqueles aspectos recollidos no número 5.2 do CCC.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas da EPPG. Praza de Europa, 5-A, 6º (Área Central-polígono das Fontiñas).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela,15707.

c) Data e hora: a data e a hora de celebración dos actos públicos de apertura dos sobres C, e as de calquera outro acto público, publicaranse, coa debida antelación, no perfil do contratante.

Se por algún motivo houber que modificar a data de celebración dalgún acto público, reflectirase a nova data no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que se deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: a mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 5.1.b.1 do PCAP, examinará e cualificará a documentación administrativa do sobre A e comunicará ao licitador e publicará no perfil do contratante os defectos observados, co fin de que, se for o caso, se emenden dentro do prazo que se indique.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia