Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, da contratación do desenvolvemento do servizo de prevención alleo de riscos laborais nesta entidade pública, non suxeito a regulación harmonizada (expediente 5/2018/CNTSE).

1. Entidade adjudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: entidade pública Portos de Galicia. División de Contratación.

2º. Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Teléfono: 881 95 00 95.

5º. Corrreo electrónico: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.gal.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o de prescricións técnicas particulares (PPT) e o cadro de características do contrato (CCC), poderán obterse no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=283441.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 8.a) deste anuncio.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a prestación dun servizo de prevención alleo que, cos seus propios medios, coopere coa entidade pública para garantir que as condicións de traballo dos seus empregados non entrañen riscos para a súa seguridade e saúde, en cumprimento do indicado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non hai.

d) Lugar de execución/entrega: observarase o disposto na cláusula 3 do PPT.

e) Prazo de execución/entrega: dous anos, prorrogables por un ano máis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración das ofertas serán os establecidos no número 14 do CCC.

4. Valor estimado do contrato: 120.812,43 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 77.943,50 euros.

b) Importe do IVE (21 %): 16.368,13 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica ou financeira e técnica e profesional: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia conforme o disposto no número 9.3 do CCC.

c) Outros requisitos de capacidade: os exixidos no número 9.4 do CCC.

d) Requisitos específicos que se lle exixen ao adxudicatario do servizo: os exixidos no número 9.5 do CCC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do trixésimo (30º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro dos Servizos Centrais de Portos de Galicia.

2º. Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.6.1 do PCAP (Teléfono: 881 95 00 95; fax: 981 54 53 24).

c) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.7 do PCAP e nos números 9 e 12 do CCC.

d) As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, segundo se especifica na cláusula 4.7 do PCAP.

e) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación.

f) Melloras: neste procedemento, os licitadores poderán ofertar melloras sobre as condicións mínimas obrigatorias indicadas no PPT. Estas melloras poderán referirse aos aspectos recollidos no número 5.2 do CCC.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da EPPG. Praza de Europa, 5-A, 6º (Área Central-polígono das Fontiñas).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

c) Data e hora: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contado desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte; daráselles publicidade no perfil de contratante á data e hora exacta de celebración do devandito acto.

Se por algún motivo houber que modificar a data de celebración dalgún acto público de apertura de ofertas, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións. a mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.1 do PCAP examinará e cualificará a documentación administrativa do sobre A e comunicará ao licitador e publicará no perfil do contratante os defectos observados, co fin de que, se for o caso, se emenden dentro do prazo que se indique.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia